O pentatleta internacional mariñán Cristóobal Rodríguez reinicia a temporada cunha sobresaínte actuación. O deportista viveirense que se quedou a dous postos da clasificación internacional para os Xogos de Rio, proclamábase esta fin de semana en Lisboa Campión do Mundo de Laser Run” na proba de substitución mixto e na modalidade de Open División Senior.+
O pentatleta chegaba o venres pola tarde á Cidade de Lisboa acompañado nesta ocasión de técnicos da Federación Galega pola proximidade, despois de pasar os controis de armas e asistir á reunión técnica, acordouse que o mariñán ía competir en dúas das tres modalidades que nesta ocasión ofrecía o mundial: o Mundial Individual e no Mundial de substitución mixto na modalidade Open División Senior.
O sábado daba comezo o campionato ás 11.00 horas; pero a competición do mariñano era ás 21.00 horas da tarde coa dificultade engadida da noite. Unha vez dada a saída e baixo unha calor intensa malia á hora Rodríguez foi avanzando posicións ao longo das combinadas – xa que o Laser Run consiste en carreira e disparo con pistola laser na que o pentatleta debe derribar 20 brancos e percorrer unha distancia de 3200 metros dividida en series de 800 metros-.
Rodríguez conseguía chegar ao terceiro 800 entre os 20 primeiros, pero a presión dos sudáfricanos, os checos, exipcios e suizos foi moi grande sobre o deportista español afeito a estes lances. Aínda asi presentaba batalla e nunhas magníficas secuencias de disparo consiguía saír no último Sprint na décima posición obtendo ao final unha magnéfica sexta praza nun apertado final, malia fallar por quinta vez nunha gran competición a súa arma, polo que o propietario da marca facilitaba un modelo novo a Rodríguez co que competiría na substitución do domingo.
E xa o domingo ás 12.00 horas daba comezo a competición de substitucións mixto que será modalidade olímpica en Tokio. A equipañola estaba formada pola madrileña Celia Tortosa e o galego Cristóbal Rodríguez que se enfrontaba á competición canso da competición do dia anterior, pero con moitas ganas.
Conforme avanzaba a competición, a substitución española afianzábase e na segunda combinada xa marchaba en terceira posición que mantiña ata a saída da cuarta e última combinada onde Rodriguez ao obter vantaxe no tiro saía moi preto do equipo de Croacia e dos sudafricanos aos cales puido vencer finalmente nun prolangado e agónico sprint.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
