Burela, 12 de setembro de 2016. O concelleira de Cultura, José Díaz, fai un balance positivo do quinto rastrillo popular de segunda man, que se celebrou onte na praza da Mariña en horario de doce da mañá a oito da tarde. A cita contou cunha trintena de postos.
O edil burelés subliñou que “houbo moita xente durante todo o horario do rastrillo” e subliñou “o compoñente benéfico do evento, do que se obtiveron 40 quilos de alimentos para o banco de alimentos de Burela”.
Díaz engadiu que “os participantes no rastrillo e eu mesmo estamos a valorar a posibilidade de establecer un rastro ao mes durante todo o ano. Podería ser o segundo domingo de cada mes”.
En total os rastrillos populares de segunda man recolleron neste 2016 un total de 75 quilos de alimentos para o banco burelés, segundo os datos facilitados polo concelleiro de Cultura.