Burela, 14 de setembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, considera que o Concello actuou con prontitude tras as inundacións que se produciron deste martes pola tarde en varios puntos da vila. Subliñou que os deberes estaban feitos e que os fenómenos naturais non se poden controlar. Llano non entende as críticas da oposición e insiste en que foi o seu goberno, no anterior mandato, o único que fixo obras para evitar que se produzan grandes inundacións en Burela.
O rexedor contou que “onte tivemos choiva, igual que ocorreu noutros concellos e en moitas zonas, e evidentemente provocou problemas, como soe pasar cando chove moitísimo. Estas cousas non son previsibles e ademais foron moi intensas. O Concello de Burela actúa nestas situacións para tratar de minimizalas”. E lembrou que “xa na outra etapa na que eu estivera de alcalde e houbera unhas inundacións graves e impresionantes xa se tomara a decisión de que, por exemplo, o río que baixa polo centro do pobo desviar parte do seu caudal directamente cara ao mar para evitar os problemas que tivéramos naquela ocasión. Iso podo dicir con toda claridade que evitou males maiores onte por exemplo, cando choveu tanto”.
Alfredo Llano declarou que “tamén ocorre que aínda que se fixo moita limpeza de sumidoiros a finais do mes de agosto e principios de setembro como previsión das choivas que poidan vir a partir de agora, igual que houbo onte, pero ao chover moitísimo, con gran intensidade, como sucedeu onte, entran en carga os sumidoiros porque están pensados para soportar menos cantidade de auga por segundo da que caeu onte nalgúns momentos. Por exemplo na rúa Pascual Veiga abriuse unha cantidade de caudal impresionante polo que un sumidoiro perdeu a tapa e empezou a brotar auga para arriba e os sumidoiros próximos era imposible que asumiran tanto caudal; parte desa auga desviouse pola rúa Eijo Garay e foi directamente cara ao porto e outra parte foise para a avenida Arcadio Pardiñas e afectou a unha serie de negocios”.
O alcalde considera que “ante esta situación o que ten que facer o Concello é asumir a responsabilidade de procurar que non acontezan estas cousas dentro da súa marxe de manobra, pero non podemos evitar que chova dunha determinada maneira, que nun momento dado caia unha gran cantidade de auga. Iso non podemos evitalo e hai que ver a cantidade de cousas que están pasando noutros concellos, tanto en Galicia como en Cataluña ou no País Vasco, onde é imposible evitar certas cousas porque superan as condicións normais para as que están preparadas as infraestruturas en canto ao nivel de choiva que poden asumir”.
O rexedor declarou este mediodía: “parece que algúns están indignados como se o Concello tivese que responder ante a cantidade de auga que cae do ceo. O que hai que facer é a limpeza dos sumidoiros e iso xa o fixemos; hai que actuar inmediatamente e tamén se fixo porque chamamos inmediatamente a todo o persoal da empresa Espina y Delfín, estiveron tamén operarios de Celta Prix e técnicos e outro persoal do Concello inmediatamente despois de que se produciron as choivas fortes. Pero houbo varias zonas afectadas, como na avenida Arcadio Pardiñas, onde houbo unha crecida grande en dous puntos; houbo outra inundación grandísima na zona portuaria, como soe pasar porque entra en carga a EDAR, os sumidoiros e os tubos, que teñen un nivel de caudal que si ben superior evidentemente non poden asumilo. Iso hai que entendelo”.
Bipartito
Llano dixo comprender que “a xente se indigne e se preocupe pola cantidade de auga que cae, pero hai que saber separar a responsabilidade do Concello das causas naturais. Eu creo que desde o Concello fixemos o que podemos con prontitude. Que protesten agora a xente do BNG, eu ben sei que son eles os que están moi indignados, a xente do BNG debe saber porque formou parte do goberno bipartito na anterior lexislatura cando aconteceu aquela inundación tan grande… debe entender como están as cousas e das dificultades que supón liberar unha cantidade tan enorme de auga nun momento determinado. Deben sabelo e senón é así é unha irresponsabilidade pola súa parte. Que algún do Bloque que ten negocios naquela zona culpe directamente ao Concello xa me parece irresponsable, ademais deberan saber como están os sumidoiros, as canalizacións, os separativos, etc… porque formaron parte do goberno na anterior lexislatura na que estivemos nosoutros”.
O alcalde indicou que “hai que tentar facer cousas para que isto non volva repetirse. Nós xa fixemos obras no Monte Castelo ampliando cunetas, limpando regatos para que non houbese problemas e iso é facer previsión, como tamén o é facer a limpeza dos sumidoiros. Dentro da responsabilidade que temos actuamos en consecuencia, penso eu. Onte houbo catro ou cinco puntos en Burela nos que houbo gravidade. Pero non se pode evitar, aínda que nos gustaría, que caia unha cantidade tan grande de auga durante uns minutos, durante unhas horas”.
Llano pensa que “hai que saber recoñecer e valorar o que nosoutros facemos e ver ata que punto podemos chegar. Indignación pode haber, a indignación e a preocupación son evidentes porque cando chove tanto e a auga empeza a entrar nunha casa, nun establecemento ou nun garaxe esa preocupación vai en aumento. E no Concello estamos preocupados en facer as cousas o mellor posible. Estamos pensando en que acometeremos traballos onde onte se produciron esas avarías e esas incidencias, como é o caso de Pascual Veiga, onde hai que facer unha ampliación da tubaxe para evitar que volva producirse un feito similar”.
O alcalde manifestou que “isto non foi unha cuestión de onte, nin de hoxe, senón que no futuro, e derivado do cambio climático, si que poden volver producirse chuvias moi fortes. Tomando a responsabilidade como referencia o que temos que facer é tentar evitalo cara o futuro. Hai que buscar financiamento para a realización de obras que axuden a solucionar esta papeleta. Os acontecementos naturais non hai forma de controlalos”.
Resposta ao PP
Sobre as críticas do PP dixo que “hai que ser caradura e irresponsable e mala persoa e hai que ter mala fe, hai que querer crear conflito como ten costume o señor Barcia. Él tivo responsabilidades moito antes do ano 2007, e incluso en Medio Ambiente, tivo responsabilidades hai aínda pouco tempo e non acometeu ningunha actuación importante para evitar estas incidencias, porque todas as obras que tiveran unha relación con esta problemática fixémolas nós e seguímolas a facer. A súa opinión carece de rigor e de valor”.
Para o rexedor de Burela “en tempos de eleccións tanto BNG como PP o que queren é sacar tallada dun acontecemento natural. Iso xa nos indica a calidade desa xente. Tentaremos dentro das nosas posibilidades evitar que se repitan situacións que produzan inquietude, imos procurar facer as cousas o mellor posible, dentro da nosa marxe. Iso si que é o noso compromiso.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



