Burela, 16 de setembro de 2016. Deron comezo as actividades da Semana Europea da Mobilidade, que organizou a Concellería de Medio Ambiente coa colaboración de varias asociacións e colectivos de Burela.
No pavillón dos institutos está instalado o circuíto de karts da DGT polo que este venres pasaron os usuarios da asociación de axuda ao enfermo mental a Mariña, que puideron demostrar a súa habilidade e destreza ao volante respectando en todo momento as sinais de tráfico e os semáforos.
Noelia Ben sinala que “con estas actividades preténdese dar a coñecer as normas de circulación na estrada e ter un comportamento adecuado como peón e como condutor no uso das vías públicas fomentando actitudes de convivencia cidadá”.
O circuíto de karts estará instalado ao longo de toda a vindeira semana e acudirán ata alí o alumnado do CEIP Vista Alegre, CEIP Virxe do Carme, IES Monte Castelo e IES Perdouro, ademais de varias asociacións.
As actividades da Semana Europea da Mobilidade seguirán ata o 22 de setembro. Mañá, sábado, terá lugar un curso de condución eficiente e haberá tamén talleres de pintacaras e globoflexia, demostración de ximnasia rítmica, exhibición de baile de salón e o taller A túa bici a punto.
Xa o domingo será cando desde as 9 da mañá ata as dez da noite estará pechada ao tráfico a rúa Pardo Bazán, entre as interseccións de Curros Enríquez e Eijo Garay. Durante esa xornada desenvolveranse infinidade de actividades. Haberá mesas informativas, obradoiros, xogos, inchables, actuacións musicais, contacontos, deportes… e ás 18:00 horas celebrarase unha merenda infantil, patrocinada por Acia Burela, e chocolatada coa colaboración da asociación Os Asadores e Ledicia. Será na praza da Mariña.




















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



