O Incio, 16 de setembro de 2016.- O cabeza de lista do Partido Popular de Lugo ao Parlamento galego, Francisco Conde, puxo de manifesto este venres “o compromiso do PP cos proxectos empresariais que xeren emprego e riqueza na provincia”. Conde falou dun compromiso “firme coa iniciativa privada. Seguiremos axudando ás empresas con dificultades, á pequena e mediana empresa e fundamentalmente aos autónomos, que terán o mellor mapa de axudas para desenvolver a súa actividade de toda España”. Así, asegurou que “unha aposta polos autónomos, polas pemes, significa unha aposta polo noso tecido produtivo e pola creación de emprego de calidade”.
Francisco Conde asegura que o sector empresarial fixo un “gran esforzo para defender cada posto de traballo, para modernizarse, para seguir traballando con innovación e con calidade e para responder a situacións de dificultade e de maior competencia nos mercados”. Así, en Galicia estanse a crear 14 empresas diarias e as exportacións galegas medran máis do dobre que no conxunto de España, un 6,4 fronte ao 2,4 estatal.
Conde, acompañado doutros candidatos populares, recorreu esta mañá as instalacións de Magnesitas de Rubián, situada en Vila de Mouros (O Incio) onde se explota desde 1963 un xacemento de magnesita caústica dos maiores de Europa, e que ten unha forte compoñente exportadora, ao producir un mineral que atopa unha “moi boa saída no mercado europeo”.
Conde destacou na súa visita a aposta pola eficiencia enerxética e polo I+D, así como a colaboración con centros de coñecemento como o Laboratorio de Sanidade Animal ou o Laboratorio de Mouriscade.
A compañía é un modelo en aspectos como a integración ambiental e a integración social, e é unha empresa tecnoloxicamente avanzada, cunha mina subterránea exemplar en seguridade e mecanización.
“O tecido produtivo é cada vez máis forte, respondendo aos novos retos. O sector aeronáutico, o sector do aluminio, da biomasa, da biotecnoloxía, o agroalimentario, o forestal, o lácteo, conforman un mapa moi rico, moi diversificado, que está xerando emprego e mostra diso son as empresas que visitamos hoxe”.
Pola tarde, os populares visitarán outras dúas compañías que deixan de manifesto que apostar pola calidade e pola innovación xera en Lugo e en Galicia crecemento económico e axuda a ser máis competitivos: en Riotorto, Mobles Vidal S.L. e en Alfoz Carrocerías Hermanos Rega.
Carrocerías Hermanos Rega iniciou en 1957 a súa traxectoria sendo un pequeno taller de produtos de madeira para a construción e co paso dos anos converteuse nun referente das carrocerías para vehículos industriais.
Mobles Vidal comezou o seu labor en 1953 cunhas instalacións ao carón da súa casa e co tempo modernizaron súa maquinaria tecnoloxicamente, logrando ampliar os seus mercados a outras comunidades autónomas.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



