Lugo, 17 de setembro de 2016.- Francisco Conde asegurou este sábado en Lugo que a Xunta está do lado dos emprendedores eliminando barreiras e garantindo unhas regras que permitan competir e cooperar, así como creando un clima competitivo que os impulse a mellorar a eficacia, a innovación, e os procesos. O cabeza de lista do PP na provincia avogou ademais polo impulso á creatividade e a imaxinación, de modo que ningunha boa idea empresarial quede sen apoio por falta de financiamento.
Francisco Conde e a candidata Susana López Abella, acompañados pola presidenta do partido en Lugo, Elena Candia, participaron este sábado nun acto sobre o emprendemento feminino en Lugo.
Entre as medidas adoptadas pola Xunta, o candidato do PP por Lugo referiuse á aprobación hai preto de tres anos da Lei de emprendemento. Unha norma que suprimiu as licenzas municipais de obra e actividade para a apertura dun novo negocio, sentou as bases para a creación das Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM), que facilitan as tramitacións a levar a cabo ante a administración.
A maiores, explicou Conde, puxemos en marcha unha rede de aceleradoras de emprendemento e innovación para captar e canalizar o talento: Vía Galicia, xunto á Zona Franca; e Agrobiotech; con sede na cidade de Lugo, así como os espazos de coworking que estamos a poñer en marcha xunto á EOI, con sedes en Modoñedo e Monforte que abrirán este mesmo mes.
A aposta polo emprendemento na provincia concrétase en 2.700 empresas apoiadas, o 99% delas pemes. E imos a máis, sumando este ano un investimento de 40 millóns de euros para apoiar as políticas activas de emprego, con máis de 24 millóns e euros a prol do fomento do emprego autónomo.
A isto hai que sumar as axudas e os instrumentos financeiros do Igape, que inclúen instrumentos específicos para autónomos e microempresas.
Medidas específicas para mulleres
As mulleres emprendedoras están a facer un uso importante de todos eses servizos. Desde a Unidade Galicia Emprende constatamos, por exemplo que o emprendemento feminino medra de xeito constante: máis do 42% das persoas atendidas, apoiadas e asesoradas pola UGE, desde a súa creación en 2014, foron mulleres.
De feito, segundo o último estudo GEM, a taxa de emprendemento feminino medrou en Galicia nos últimos anos, e en 2014 obsérvase a menor distancia coa taxa de emprendemento masculino desde que se elabora o informe.
Ademais, na fase que se centra nos emprendedores potenciais, o último informe GEM revela que a taxa das mulleres xa supera a dos homes.
Entre as accións levadas a cabo polo Goberno galego Conde subliñou a posta en marcha da Axenda 20 para o Emprego que contén entre as súas medidas a posta en marcha dun Plan de emprego en igualdade para apoiar ás mulleres na consecución do espazo que lles corresponde dentro do mercado laboral. Búscase favorecer tanto a súa inserción por conta allea como facilitando a iniciativa autónoma e emprendedora cando sexa esta a vía seleccionada para traballar. Equilibrar a súa participación en todos os sectores de actividade coa dos homes e fomentar o desenvolvemento da súa carreira profesional e procurar os medios posibles para evitar situacións nas que deban escoller entre a súa vida persoal e profesional.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



