Segunda xornada de actividades en Burela, dentro da Semana Europea da Mobilidade na que participa o Concello. As imaxes correspóndense á entrega de diplomas do curso de condución eficiente, celebrado este sábado. Ao acto asistiu a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben. Outra é da Xeoruta, que tamén tivo lugar na mañá deste sábado. E outras dúas fotos son do taller de cociña infantil Pequechef, que se celebrou onte á tarde, ao igual que o karaoke infantil, que por mor do mal tempo pasóuse para a praza de abastos.
