Lugo, 8 de setembro de 2016.- Os socialistas saíron ao paso do anuncio da Consellería de Infraestruturas para poñer en funcionamento o primeiro tramo da Vía de Alta Capacidade (VAC) Costa Norte entre San Cibrao e Celeiro, tildando a proposta como “totalmente electoralista”. Licitada desde antes de entrar Feijóo no Goberno da Xunta, esta vía leva máis de oito anos practicamente paralizada, con pequenas actuacións que acostuman a coincidir en datas previas aos comicios electorais, aseguran desde o Partido Socialista.
O candidato lucense do PSdeG-PSOE, Luis Álvarez, censurou a falta de implicación do Goberno Feijóo “para a mellora das infraestruturas da comarca, facendo investimentos irrelevantes na suposta ampliación do Hospital da Costa, e trampeando co anuncio electoralista do funcionamento do primeiro tramo da Vía de Alta Capacidade”. Ademais, preguntou sobre a residencia de Cervo, rematada no ano 2011 e aínda sen poñer en funcionamento cinco anos despois.
“O magno xestor Alberto Núñez Feijóo leva moitos anos facendo promesas á veciñanza da Mariña, mentira tras mentira, engano tras engano”, así foi como definiu a situación o voceiro socialista en Cervo, Francisco Urbano. “Se fora pola súa palabra, despois das últimas eleccións a VAC xa tiña que estar en funcionamento, polo que dubidamos moito que agora vaia a definitiva, tan só pensan en nós cun fin electoral”, comentou. A propósito do hospital, explicou que “aprobaron un plan director asignando unha pequena partida que non chega nin ao 2% do que se precisa para a súa ampliación, porque o único que lles preocupa é poñer catro máquinas para facer ver que algo se move”. Baixo o seu criterio, o mesmo levan feito coa residencia, “motivos máis que suficientes para que todos os cidadáns reclamen o que lles pertence e mostren a súa indignación”, rematou.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



