Ribadeo, 19 de setembro de 2016. O Concello investirá 170.000 euros de fondos propios no arranxo de estradas en varias parroquias, segundo deu a coñecer nesta xornada o alcalde, Fernando Suárez. As obras realizaranse ao longo de dous meses.
O rexedor contou que “despois destas obras que se están executando nestes días, que van a moi bo ritmo tanto no ámbito urbano na rúa Alza que vai ao cemiterio municipal, e logo tamén nas parroquias singularmente en Remourelle e en Arante, onde se están aglomerando tamén estes días as vías de acceso… agora abrimos unha nova actividade moi importante, moi requirida, moi demandada e moi necesaria tamén, como é o bacheo ou rebacheo de moitos camiños municipais de practicamente todas as parroquias do Concello”.
Suárez Barcia dixo que “despois dun período de licitación que se foi demorando no tempo bastante, por fin a partir de mañá van dar comezo e durante aproximadamente dous meses, unha actuación moi importante, moi importante economicamente dado que o seu presuposto con IVE incluído son 170.000 euros de fondos propios, de fondos municipais, para actuar practicamente en todas as parroquias, en Arante, Vilamariz, Couxela, Santalla, Piñeiro, Covelas, Ove, A Devesa, Rinlo, Vilaframil, Piñeira, Vilaselán, etc…”.
O alcalde explicou que “a adxudicación desta obra correspondeulle á empresa de construcións Saa de Foz e imos aproveitar agora esta primeira parte do outono para facer estas actuacións que nalgúns casos son a reparación puntual de baches illados, noutros son novos pavimentos en camiños que estaban sen asfaltar e noutros casos camiños asfaltados que se atopan nun estado intransitable”.
Fernando Suárez agarda que “á volta desta obra, á volta destes dous meses, o viario municipal, o que ten que ver co Concello, quede nun estado de revista aceptable sabendo como sabemos que Ribadeo ten moitos quilómetros de camiños municipais e hai que estar continuamente traballando porque cando se acaba de reparar un, hai outro que se deteriora”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



