Foz, 20 de setembro de 2016. Foz celebra a décimo primeira edición do Día da Bici organizado polo Concello este sábado, día 24, cun percorrido desde o parque infantil de tráfico ata a praia da Pampillosa e regreso ao punto de partida.
Desde o Concello focense explicaron que será “unha xornada festiva na que maiores e pequenos/as comparten o gusto polo deporte, facendo un percorrido desde o Parque Infantil de Tráfico (PIT) ata a praia da Pampillosa, onde repoñerán forzas con froita e bocadillos, para regresar ao PIT. Este ano poderán pedalear entre a praia da Rapadoira e a de Llas polo carril bici. Para que todo saia ben velarán pola seguridade de todos/as os/as participantes a Policía Local e a agrupación de Protección Civil de Foz. A inscrición é gratuíta. Tan só deberán entregar 1 quilogramo de produtos para o Banco de Alimentos. Os produtos de máis necesidade neste momento son: leite, azucre, aceite, tomate frito, lentellas, atún e cacao, así como produtos de hixiene tanto doméstica como de aseo persoal”.
Ademais engadiron que “para inscribirse poden acudir á Casa da Xuventude ata o 23 de setembro ou ao Parque Infantil de Tráfico o sábado 24, desde as 15 horas ás 15:45. Ás 16 horas darase inicio á marcha. Teremos premios para a bicicleta mellor engalanada, o mellor disfrace, o máis novo/a e para o máis veterano/a. Ademais teremos agasallos e algunha sorpresa. Para poder levar a cabo un ano máis este Día da Bici contamos coa colaboración do Club Ciclista Foz, Living Sport, Froiz, Gadis, Frutas Morriña e Motos Baltasar”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



