As laranxas retomarán este sábado a liga de Primeira RFEF na terceira xornada coa visita do AD Alcorcón FSF a Vista Alegre (18.30 horas), que gardará un minuto de silencio en memoria do ex-director deportivo e ex-técnico burelista Marcelo Santoro ‘Neco’, falecido repentinamente o sábado pasado na localidade mariñá.
“Regresamos aos adestramentos o martes pola tarde. Foi unha semana dura pero puidemos traballar aceptablemente; pouco a pouco poderemos ir recuperando a normalidade das sesións, con vontade e coraxe, pero sempre co seu recordo” explicaba así o adestrador laranxa, Lucas, á fronte dun vestiario que o sábado pasado, no desprazamento a Madrid para medirse ao Navalcarnero, recibiu a desgarradora noticia da perda de Neco.
O conxunto de Alcorcón recalará na Mariña co cadro ao completo, tamén con moitas caras novas, pero referendado pola experiencia e calidade de Belén de Uña, Ana Luján, Isa García, Sandra Vadillos ou Desiré Jiménez. As madrileñas saltarán ao parqué da Bomboneira nun bo comezo ligueiro, con empate na casa do Jimbee Roldán (2-2) e vitoria como local fronte ao FS Gironella (3-2). As pupilas de Lucas e Julio, pola súa banda, pelexarán por seguir sendo fortes no mausoleo mariñán tras o excelente debut ligueiro no derbi irmandiño ante o Cidade das Burgas (7-4).
Ana Romero, reforzo baixo os paus
Ana Romero (Yecla, 1994), que defendeu a camisola do UA Alicante nas tres últimas tempadas, será o novo reforzo baixo paus laranxas. A meta murciana xa estará dispoñible para a cita de mañá, compartindo responsabilidades coa novísima Nerea; a escuadra laranxa voltará sen Jozi, que viaxou ao Brasil o mércores pola perda do seu compañeiro sentimental, Neco. Xunto á ausencia de longa duración de Emma, tampouco poderán participar na cita Judith e Helena, que arrastran molestias de xeonllo, nin Paula, cunha posible doenza ciática.
Convocatoria: 3. Dany, 6. Silvia, 7. R. Betim, 9. Sabela, 10. Lara, 12. Ana Romero, 13. Nerea, 14. Bea Mateos, 16. Cilene, 17. Sofía, 18. Shiori, 26. Elvira
Nova data para a xornada 2. O equipo laranxa disputará a xornada 2 na casa do Atlético de Madrid Navalcarnero –suspendida a semana pasada- o vindeiro xoves, 29 de setembro, ás 20.30 horas.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
