O Seminario de Estudos “Terras de Viveiro” é unha asociación de carácter Cultural que traballa na dinamización social e cultural de Viveiro dende o ano 1994. Organiza ao longo de todo o ano numerosas actividades culturais no noso Concello e dispón dun arquivo de perto de 4000 libros(a gran maioría sobre a historia, persoeiros e vida no noso Concello), un arquivo fotográfico que conta con centos de imaxes do Viveiro antigo e do actual, e diversos aparellos, ferramentas, e útiles recollidos a través de donacións e compras realizadas pola nosa asociación durante os 22 anos da súa vida.
Organizan actividades educativas, charlas, coloquios, seminarios, presentacións de libros, viaxes, rutas de sendeirismo, visitas guiadas ao noso Casco Histórico, exposicións, edición de libros e publicacións sobre Viveiro e o seu entorno, noites de luz, e diversos traballos culturais.
O Seminario de Estudos “Terras de Viveiro” ten alugado na actualidade un local para o desenvolvemento da súa actividade. Aluguer sufragado coas cotas das socias e socios da entidade, que abonan dito gasto, xunto coa luz, auga e demais gastos derivados do uso do local.
En Viveiro, existen numerosas asociacións culturais, deportivas e relixiosas que contan con locais ou instalacións municipais para o desenvolvemento da súa actividade. A cesión de ditos locais por parte do Concello, supón un aforro considerable para as mesmas, aforro que podería adicar a incrementar as súas actuacións.
Neste caso, a cesión dun local accesible ao público, suporía a apertura a todo Viveiro, dos arquivos, biblioteca, colección fotográfica, e demais bens, que posúe a mencionada asociación.
É por isto, que propoñemos ao Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte ACORDO:
1. Cesión dun local municipal ao “Seminario de Estudos “Terras de Viveiro” para o desenvolvemento da súa actividade.
ROGOS E PREGUNTAS
1. Por parte deste grupo, nun pleno anterior, solicitouse a colocación de papeleiras no tramo de beirarrúa e paseo entre Viveiro e Celeiro. Se ben é certo, colocouse unha papeleira, a cal consideramos insuficiente en dito tramo. Por iso, rogamos ao Goberno Municipal a colocación de máis papeleiras no tramo mencionado.
2. A Biblioteca Municipal é empregada por moitas veciñas e veciños, principalmente mozas e mozos para estudar. Estes requiren a dotación de lámpadas individuais en cada un dos postos así como a colocación de enchufes nas diferentes mesas.
Rogamos ao Goberno Municipal que estude esta posibilidade, e atenda o requirimento dos estudantes de Viveiro.
PREGUNTAS
1. Varios usuarios do campo de fútbol do Cembedo. Nos trasladan a situación do céspede artificial é mellorable nalgunhas zonas. Isto lévanos a preguntar:
Estanse realizando os traballos de mantemento do campo conforme a normativa vixente para evitar o seu deterioro?
Hai intención por parte do Goberno Municipal de realizar obras nos vestiarios, para dividilos en 4 e así poder ser empregados de forma simultánea por varios equipos?
2. A maquinaria do ximnasio e sala de cardio da piscina municipal atópase envellecida e deteriorada, polo que urxe a súa renovación.
Ten realizado o goberno municipal algunha xestión para a súa renovación completa ou ten pensado realizala?


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



