Feijóo, máis ca o PP, gañou as eleccións nacionais deste 25-S, revalidando a súa maioría absoluta de 41 sobre 75 deputados e mesmo mellorando a súa porcentaxe (sobe do 45,8% ao 47,5%). O trunfo de Feijóo aséntase, evidentemente, no medio rural e nos sectores de idade máis avanzada. Porén, agás en Vigo (34,5%), obtivo bós níveis de voto, ben por riba do 40%, nos principais concellos urbanos de Galicia, demostrando que mantén apoio en todas as idades e franxas sociais. Feijóo papou grande parte dos votos de C´s, que agora sobardou en moi pouco o 3% (fronte á media do 7,5-8%), demostrando que as eleccións galegas son ben diferentes das estatais.
A clave desta excepcional maioría absoluta estivo na resposta política dada polas dúas forzas que competían pola segunda praza (En Marea e PSdeG, empatados con cadanseus 14 escanos). O candidato de En Marea é moi solvente, mais tivo moi pouco tempo para callar, fronte un Feijóo de universal coñecemento. Para máis, Podemos xerou en variadas ocasións tensións e desgaste no potencial electorado mareante e parte do mesmo voltou a vista a un BNG que comezou ao bordo da desaparición e rematou cun sólido grupo parlamentario de 6 deputados e case un 8,4%, cunha Ana Pontón que foi a revelación desta campaña e anuncia o consolidamento dun espazo soberanista galego e máis a inversión dunha tendencia que dende En Marea xulgábase imparábel. O BNG fixo a mellor campaña.
Peor foi o resultado do PSdeG, que baixou catro escanos (de 18 a 14) e ficou un chisco por baixo de En Marea (17,8% fronte ao 19%). Neste caso, ao relativo descoñecemento do candidato Leiceaga hai que lle engadir a guerra suxa que lle fixeron o alcalde vigués Caballero e outros referentes institucionais socialistas.
Para entendermos a dimensión da derrota da oposición, cómpre ter en conta que o bloque de dereitas PP-C´s acada un 51% dos votos, fronte a un 46,6% do centro-esquerda, mesmo sumando Compromiso e Pacma. Se temos en conta que dende o 2004 os bloques electorais divídense aproximadamente na Galicia ao 50%, podemos ver quen ficou na casa. Esa abstención progresista fixo que os 680.000 votos de Feijóo (moitos menos ca os case 790.000 do 2009) lle deran semellante maioría absoluta.
A abstención do centroesquerda definiu as eleccións galegas. E non é mérito do PP, senón responsabilidade do conxunto das forzas da oposición.
Xoán Antón Pérez-Lema



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



