Lugo, 27 de setembro de 2016.- O Grupo Provincial do PP favoreceu este martes co seu voto a favor unha modificación dos Orzamentos da Deputación de Lugo para 2016 que supera os tres millóns de euros destinada a obras e servizos nos concellos da provincia.
A voceira do PP na Deputación, Elena Candia, asegura que o seu grupo segue “suplindo a acción dun Goberno en minoría, o que vai permitir que se executen obras en varios concellos da nosa provincia, independentemente da cor política, senón priorizando intervencións como o abastecemento de augas, infraestruturas viarias e incluso algunha tamén de servizos sociais”.
A voceira explicou que o seu Grupo continúa traballando por alcanzar acordos, apostando polo ben da provincia e porque continúe este funcionamento normalizado da institución, pese a tratarse dun Goberno en minoría. “É o compromiso que asumimos cos veciños e veciñas da provincia e imos continuar nesa dirección”.
A modificación aprobada grazas ao PP permite ademais a execución dos convenios de aforro enerxético e unha modificación para as axudas ás asociacións. Importes, precisou Candia, que o presidente Campos vendeu e comprometeu sen ter consignación orzamentaria para elo, o que demostra a súa actitude temeraria e irresponsable. Actitude que o PP suple, compensa e resolve con traballo e sentido de provincia”.
En concreto, faranse obras nos Concellos de Navia de Suarna, Pantón, Láncara, Begonte, Ribeira de Piquín, Cospeito, Trabada, Cervantes, Alfoz, Lourenzá, O Valadouro, Ourol, Becerreá e Ribadeo.
Nova composición das comisións informativas
Tamén se aprobou unha nova composición das comisións informativas onde vai ter presenza cada deputado co voto ponderado, de maneira que se evitarán moitos dos debates que se estaban a dar no pleno e obrigará a buscar entendemento nas comisións informativas. “Evitaremos os enfrontamentos que non dan boa imaxe da institución e non son sas a nivel democrático”, expuxo Candia.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



