Lugo, 27 de setembro de 2016.- O Grupo Provincial do Partido Popular logrou este martes o acordo do pleno da corporación, só co voto en contra dos socialistas, para que a Deputación elabore uns criterios de actuación nas estradas provinciais e de posta á disposición da maquinaria do Parque Móbil, de xeito que o Goberno provincial se rexa por uns baremos “obxectivos e que establezan un trato igualitario entre concellos”.
En concreto, na moción dos populares solicítase que a Deputación e os Concellos decidan de xeito coordinado as actuacións a acometer tanto na rede viaria provincial como no conxunto das estradas municipais e que se poña o Parque Móbil provincial á disposición de todos os municipios da provincia que teñan unha poboación inferior aos 20.000 habitantes.
Os populares pediron ao Goberno da institución lucense a constitución dunha comisión provincial, cunha composición representativa do actual pleno, que teña por finalidade elaborar e posteriormente aprobar os dous plans. A voceira dos populares, Elena Candia, lamenta que o PSOE non “sexa consciente aínda de que está a gobernar en minoría” e rexeite acordos que “van en beneficio de todos os veciños. Prefiren elaborar sen consenso un plan sectario que non trata a todos os municipios por igual, no lugar de establecer unhas pautas de actuación futuras en beneficio de toda a provincia”, censura.
Candia defendeu esta proposta ao considerar que optimizar recursos pasa, entre outras medidas, pola coordinación e polo “necesario” entendemento entre administracións. Asegurou que deben ser as diferentes administracións as que valoren a necesidade e a oportunidade das actuacións a levar a cabo tanto na rede viaria provincial como no conxunto da rede municipal. Así, a popular subliñou que é “necesario que a Deputación e os concellos actúen de xeito coordinado, en beneficio do interese xeral, e acorden as obras imprescindibles que se acometerán na rede viaria provincial e nas estradas municipais”. Por último, a voceira dixo que agarda que o Goberno provincial atenda a esta petición do pleno e non desoia o acordo acadado este martes.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



