A Mariña, 29 de setembro de 2016. A Mancomunidade de Municipios da Mariña manterá unha xuntanza co sector da restauración o vindeiro 18 de outubro, ás 17.00 horas, no IES de Foz. O encontro, ao que tamén asistirán profesores deste centro e representantes da Federación de Comercio da Mariña, servirá para perfilar a temática que se abordará no curso a impartir en novembro para mellorar a calidade do servizo que se presta á clientela destes locais. Un dos primeiros aspectos a tratar será a posibilidade de ofrecer as cartas en varios idiomas: inglés, francés, castelán e galego.
Alfredo Llano, o presidente da Mancomunidade, explicou que “convocaremos a este encontro a todas aquelas persoas interesadas desde as Acias e tamén desde a Mancomunidade para facer unha primeira reunión con todos os profesionais da restauración da zona para explicarlles en vai consistir esta iniciativa e ao mesmo tempo nesa xuntanza vamos escoitar as suxestións, preocupacións ou propostas que queiran aportar cada un dos que asistan e así enriquecerán o deseño final dunha carta”.
Llano contou que “temos calculado que cada persoa que participe nesta iniciativa vai ter unha formación total dunhas 8 horas aproximadamente. Será en dúas tardes, unha delas estará dedicada ao deseño dunha carta e a outra, aos idiomas para que o persoal dos restaurantes que atende aos comensais saiba explicarlles en que consiste un menú ou un prato determinado en varios idiomas”.
O presidente da Mancomunidade engadiu: “pensamos que é unha iniciativa boa que vai axudar a que mellore o servizo de restauración na nosa comarca e ademais suporá un punto de encontro para tratar de que despois desta iniciativa xurdan outras no futuro para intentar conseguir unha mellora substancial nos servizos que se ofrecen aos turistas e tamén ás persoas que vivimos aquí. Pretendemos que isto se note e que a xente que ven visitarnos marche de aquí moi contenta e volva porque recibiu un servizo ben feito”.
Ao encontro celebrado este mediodía no IES de Foz asistiron profesores/as deste centro e representantes de A Mariña Federación e da Mancomunidade de Municipios da Mariña.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



