Burela, 29 de setembro de 2016. O alcalde, Alfredo Llano, ven de solicitar manter unha xuntanza cos responsables do Consorcio da Igualdade e do Benestar para falar da nova escola infantil, da súa posta en funcionamento o antes posible e tamén dos preto de 100.000 euros que é preciso investir para rematar as obras pendentes.
O rexedor explicou que “hoxe mesmo fixemos unha solicitude ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para falar cos seus responsables de temas referidos á escola infantil que queremos abrir o antes posible aquí, en Burela. Quedaban unha serie de obras que había que realizar, pero non foi posible dado que houbo que esperar por permisos, sobre todo un deles que dependía de Adif para facer unha escollera. Agora xa temos esa autorización e podemos construír esa escollera. Por tanto queremos ir visitalos para falar basicamente das obras que faltan, de como se van acometer e desde logo coa intención de facelas o antes posible para poder tamén buscar unha data concreta para a apertura da escola infantil canto antes”.
Llano contou que “aparte de facer a escollera, hai que construír un peche de todo o recinto, igualar a ras de solo o patio para xogar os nenos. Tamén hai que instalar o subministro eléctrico, que xa está apalabrado coa empresa que ten que facelo, e executar unha obra para a conexión de augas pluviais e residuais. Todo isto suporá aproximadamente entre 80.000 e 100.000 euros de gasto, segundo os nosos cálculos, e queremos concretar cos responsables do Consorcio quen se vai facer cargo dese investimento e en que proporción. Nosoutros podemos asumir un 60-40%, como figuraba no anterior convenio”.
O alcalde burelés dixo que “como queremos facelo o antes posible e agora xa temos todos os permisos, hai que fixar unha data para poder concretar estes temas. Ese mesmo día que vaiamos a Santiago espero poder comentarlles a cuestión dos convenios, pois están aínda pendentes os convenios do Consorcio co Concello de Burela respecto ás responsabilidades que cada un terá nas dúas escolas infantís que vamos ter aquí, en Burela. Iso tamén hai que concretalo, pero vai dunha maneira moi lenta porque xa tiña que estar aclarado segundo os acordos da FEGAMP co Consorcio. Pedimos desde a FEGAMP todos os concellos que debemos ter responsabilidade tamén dalgunha maneira na xestión das escolas infantís e queremos volver asinar un convenio inmediatamente para que isto sexa unha realidade o antes posible”.
Creación de postos de traballo
O Concello contratará proximamente a 11 persoas, a través de dous programas, un da Deputación e outro da Xunta de Galicia. O alcalde, Alfredo Llano, quere que unha parte deses traballadores se incorporen xa en novembro.
O rexedor indicou que “existen dous programas para crear varios postos de traballo no Concello. En total serán 11 empregos, cinco deles a través dunha subvención que dá a Xunta a través dun programa que se chama Aprol Rural e van ser tres auxiliares administrativos, un xardineiro e un conserxe, que estarán no Concello durante seis meses a tempo total. E despois a través dun plan da emprego da Deputación vamos contratar no Concello dous xardineiros, dous albaneis e dous conserxes; estes serán para seis meses tamén, pero a tempo parcial. En total son 11 prazas que nos veñen moi ben para atender moitas demandas que hai no concello, para completar moitos servizos nos que agora mesmo nos fai falta máis persoal”.
Llano engadiu que “vamos anuncialo perfectamente, vai ser ao longo do vindeiro mes de outubro, sobre todo aquelas prazas que facemos a través da convocatoria da Xunta, porque queremos que o día 1 de novembro xa estean traballando aquí. Para os do plan da Deputación non é tan apurado e irase desenvolvendo cos prazos que se establezan, pero evidentemente queremos facelo tamén o antes posible. Polo tanto eu penso que no mes de outubro poden saír para adiante estas 11 prazas, o que é unha boa noticia para o Concello e para a xente que está demandando un posto de traballo”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



