Lourenzá, 4 de outubro de 2016. O curso 2016-2017 do taller de memoria que organiza a Concellería de Servizos Sociais comezará o vindeiro luns, día 10, cunha charla sobre reciclaxe de residuos.
A concelleira de Servizos Sociais, Mercedes Dengra, anunciou hoxe que “todas aquelas persoas que desexen participar neste curso do taller de memoria poderán apuntarse ata o vindeiro luns, día 10 de outubro, nas oficinas do Centro Social do Torreón dos Frades en horario de 10.00 a 13.00 horas ou ben chamando ao teléfono 982.12.10.36. O curso comezará o próximo luns, día 10 de outubro, ás 17.00 horas no salón de actos do Concello, onde impartirá unha charla que leva por título Separemos ben, reciclaremos mellor e na que se abordarán temas relacionados coa reciclaxe e todos os asistentes recibirán un agasallo pola súa asistencia. Esta charla está aberta a toda a xente que queira asistir”.
Mercedes Dengra engadiu que “a continuación da charla celebrarase unha reunión conxunta para programar os horarios e as actividades para o vindeiro curso do taller de memoria”. Ademais fai un chamamento aos veciños para animalos a participar neste tipo de actividades e recordou que “a experiencia do ano pasado foi moi positiva para o exercicio da memoria dos alumnos e tamén para o fomento da convivencia e o intercambio de experiencias”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



