Barreiros, 6 de outubro de 2016. O Concello acolleu a presentación da carreira Monte Comado que terá lugar os días 15 e 16 de outubro. Está organizada pola asociación comisión veciñal de Reinante e pola peña barcelonista San Miguel e conta coa colaboración de Casa Elena Turismo Rural, Actibot, Café Bar Moderno, Hotel Río Masma, Pinturas Centeno, Concello de Barreiros e Agrupación de Protección Civil de Barreiros.
O día 15 terá lugar a III ½ km Vertical Monte Comado con saída ás 17:00 horas dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante). O mesmo día tamén se disputará un mini trail infantil no cumio de Monte Comado a partir das 18:00 horas.
Xa o día 16 de outubro ás 10:00 horas darase a saída o II Trail Monte Comado con 21 km e un desnivel de +1350 aprox. (saída e chegada a praza de Reinante).
No acto celebrado onte no Concello de Barreiros participaron o alcalde, Alfonso Fuente; o xefe do servizo provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero; e membros da organización da carreira Monte Comado.
Toda a información e inscricións atópase na páxina http://mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
