A Coruña, 7 de outubro de 2016. – A Real Academia Galega celebra este sábado, 8 de outubro, unha nova mesa de debate do ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita e prelos, na que a figura de Antón Villar Ponte, fundador das Irmandades e natural desta localidade luguesa, será un dos protagonistas. O programa estará dedicado tamén a outros dous irmáns, Xohán Vicente Viqueira e Florencio Vaamonde Lores. O encontro, que terá lugar no teatro Pastor Díaz a partir das 12 horas, contará coas achegas de Emilio Xosé Ínsua, Antón Costa, Isabel Seoane e Carlos Nuevo Cal. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, e a alcaldesa, María Loureiro, serán os encargados de abrir o acto, de entrada libre.
Carlos Nuevo Cal será o encargado de moderar a mesa, titulada Protagonistas (I): Antón Villar Ponte, Xohán Vicente Viqueira e Florencio Vaamonde Lores. O historiador viveirense é coautor da obra O primeiro Antón Villar Ponte (2003), que publicou en colaboración co tamén viveirense Emilio Xosé Ínsua.
Ínsua é tamén autor de Antón Villar Ponte e a Academia Galega (Do Cumio, 2006) e A nosa Terra é nosa! A xeira das Irmandades da Fala (1916-1931) (Baía, 2016), entre outras obras ensaísticas. O investigador repasará na súa intervención, Antón Villar Ponte (1881-1936): un guieiro xeneroso e esforzado, a traxectoria global deste persoeiro, pai das Irmandades, percorrendo as achegas máis destacadas que fixo na política, na literatura, na dramática, na acción cultural e na defensa do idioma galego.
Antón Costa Rico, catedrático de Historia da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, participará co relatorio Xohán Vicente Viqueira e o ensino galego. Viqueira (1886-1924), é coñecido sobre todo pola súa resonancia literaria e poética, ou mesmo polas súas contribucións no ámbito dos procesos de normativización da lingua galega. Pero foi tamén profesor, investigador, autor e tradutor de textos nos campos da psicoloxía, a filosofía e a pedagoxía, perfil no que se deterá Costa.
A profesora Isabel Seoane Sánchez, autora dunha tese doutoral sobre a obra de Florencio Vaamonde Lores (1860-1925) e editora da obra poética deste autor – Os calaicos. Mágoas. Follas ao vento (Xerais, 2003)-, profundará nestoutra figura vinculada ás Irmandades da Fala desde os seus inicios.
O ciclo No tempo das Irmandades: fala, escrita é prelos é unha das iniciativas coas que a RAG conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala, movemento que marcou un antes e un despois no proceso de dignificación da lingua galega. O programa conta coa colaboración de distintas institucións, entre elas o Concello de Viveiro, que organiza da man da Academia a xornada do vindeiro sábado.
A Academia é ademais coorganizadora da exposición Saúde e Terra, irmá(n)s!, que está a levar o legado das Irmandades polas principais localidades de Galicia. Tras exhibirse en Ourense durante o mes de outubro, do 4 ao 27 de novembro poderá verse no Museo Provincial de Lugo.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



