Sufrida vitoria do Pescados Rubén Burela FS ante o Ucam ElPozo Murcia que caeu en Vista Alegre por un axustado 2-1. A escuadra murciana deixou un gran imaxe no feudo laranxa pero a súa escasa determinación na finalización condenouna á derrota. O equipo mariñao non estivo fluído no xogo pero soubo sufrir e capear a intensa presión visitante.
Desde o pitido inicial o Ucam Murcia presentou os seus credenciais cunha presión alta e intensa que asfixiou ao conxunto burelista, Pepa e Montoro puxeron a proba a Ana Romero que desviou ambos disparos. Ata o minuto sete non chegou a primeira aparición ofensiva local cun disparo de Dany desviado por Cristina. Co paso dos minutos igualouse a contenda e o duelo transcorría sen perigo en ambas áreas. Nos minutos previos ao descanso as murcianas volveron apertar ao Pescados Rubén que logrou chegar ao descanso co marcador inicial.
Na segunda parte o Pescados Rubén Burela saltou á pista con maior intensidade e movilidade. Jozi reapareceu en Vista Alegre que a recibiu cunha cariñosa ovación. O cambio de marcha mariñá propiciou maior presenza ofensiva e Judith logrou inaugurar o marcador cunha sorprendente e espectacular espuela tras pase de Cilene. O 1-0 asentou ao conxunto burelista aínda que as murcianas non baixaban o pistón obrigando a Jozi a desbaratar un par de ocasións. Pepa tivo o empate nun disparo cruzado que se estrelou no pau, minuto 29. Tras esta ocasión visitante o Pescados Rubén soubo aproveitar o seu momento e tras un penalti claro non pitado sobre Dany e unha vaselina ao longueiro de Judith chegou o 2-0. A conexión brasileira con Cilene como asistente e Dany como finalizadora aumentou a renda laranxa. Na recta final o Ucam Murcia apostou por xogo de cinco aínda que sen incidencias e no último minuto Cristina aproveitou un roubo de balón para bater a Jozi e situar o 2-1 que permaneceu inamovible ata o final.
Ficha técnica
Pescados Rubén Burela FS: Ana Romero, Lara, Dany, Bea Mateos, Shiori -cinco inicial- Judith, Cilene, Silvia, Elvira, Jozi.
Ucam ElPozo Murcia: Sonia, Mari, Pepa, Montoro, Rocío -cinco inicial- Cristina, Carla, Sara, Paula, Terrés, Cris.
Goles: 1-0, m.24, Judith; 2-0, m.34, Dany; 2-1, m.39, Cristina.
Árbitros: Fernández Becerra, Rey Castedo de Lugo. Cartóns amarelos a Lara e Cilene de Pescados Rubén Burela FS.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 de Primeira División, disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 450 espectadores.





















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
