“Silencio. En oito anos que dure o loito non vai entrar nesta casa o vento da rúa. Así foi na casa do meu pai e na casa do meu avó. Iso ten ser muller. Malditas sexan as mulleres”. Así se presenta ‘Alba. A casa pechada’, de Nostrum Cai Teatro, sobre tres irmás privadas de liberdade que desatan celos e paixóns. Desafían a moral establecida e o despotismo dunha nai que se interpón entre elas e os homes. O intento por quebrar a tiranía da nai á que non poden vencer, levaraas a un destino tráxico.
É pois, unha adaptación para danza-teatro da obra de Lorca La Casa de Bernarda Alba a cargo de Lola Fernández e Sonia Fernández que será representada, dentro da programación de Buxiganga 2016, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro o sábado 15 de outubro a partir das 20.30 horas.
Nostrum Cai Teatro xurde no 2002 na cidade de Lugo, centrándose na formación teatral e no achegamento ás súas diferentes disciplinas, como dramaturxia, mimo, voz e verso, estudo da personaxe, comedia do arte, danza contemporánea, monólogos, contact, improvisación e danza butoh.
Este adestramento permanente en técnica teatral, culminou na representación de varias montaxes de creación propia e colectiva: Soños (mención honorífica na Mostra de Teatro Curto de Getxo, Bilbao), Opinións, Dramatización poética, A revolución, Flashes, Tatuaxes (baseada no texto do escritor galego Xesús Pisón. Gañadora do premio «Novos Creadores»), Ego, FlashdeDeux e O tempo apremia. No ano 2012, afrontaron o proxecto Radio Universo. Nostrum Cai ten proxectos compartidos con In Bocca Al Luppo: dirección de Paxariños preñados (premio á mellor dirección, mellor espectáculo, mellor escenografía e mellor interpretación femenina na Mostra de Teatro Daniel Cortezón e, ademais, finalista do certame As Vangardas 2005), Rúa do esquecemento, Goma2 e codirección de Camiño do pracer e Thriller Swing.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



