O Movistar Inter estreou a competición ligueira no seu feudo cunha clara vitoria sobre o Pescados Rubén Burela FS (7-1) que competiu ante o actual campión pero non puido dar a sorpresa. O conxunto interista saltou á cancha con velocidade de cruceiro e cunha presión asfixiante que os burelistas non lograron contrarrestar o que propiciou un acoso á meta defendida por Álex. Froito do seu bo xogo o Movistar Inter logrou unha renda de 2-0 nos primeiros minutos. Humberto abriu o marcador (1-0) tras asistencia de Ricardinho e pouco despois ambos xogadores intercambiaron os seus papeis sendo Ricardinho o autor do 2-0, minuto 4.
O Pescados Rubén viuse acurralado ante un Movistar con moita movilidade e que mostraba a súa mellor versión, o caudal ofensivo dos madrileños obrigou ao Daniel Ibañes a soliticitar un tempo morto para acougar e ordenar as ideas dos seus. Tivo certo efecto esta pausa aínda que Álex converteuse na boia que mantiña a flote ao seu equipo coas súas boas intervencións. No minuto 10 un despiste defensivo propiciou o 3-0 de Ricardinho tras un saque de banda interista.
O 3-0 provocou que o Pescados Rubén apostase polo xogo de cinco con Iago Rodríguez como protagonista. A arriscada decisión burelista xurdiu o efecto desexado xa que cambiou a dinámica do choque. Os pupilos de Daniel Ibañes interpretaron á perfección o xogo de cinco e na súa primeira oportunidade Iago Rodríguez recortou distancias ao marcar o 3-1. O gol laranxa elevou a súa confianza e deu paso aos seus mellores minutos do partido. O dominio mariñao nesta faceta provocou dúbidas na defensa madrileña e o Pescados Rubén gozou de ocasións para acurtar distancias; Iago Míguez, Chano e Petry acariñaron o segundo tanto e Matamoros obrigou a Jesús Herrero a lucirse ao desviar o seu potente disparo que acabou repelendo o pau. O marcador non se moveu e ao descanso chegouse co 3-1.
A segunda parte comezou igual que o final da primeira, cunha gran intervención de Jesús Herrero que volveu evitar o segundo tanto laranxa. Tras este aviso o Movistar Inter espertou e David Pazos ampliou a renda local marcando o 4-1 que complicaba máis aínda a remontada galega. Os locais retomaron o control do partido aínda que Bellvert tras combinar con Antoñito volveu atoparse coa figura de Jesús Herrero. Responderon os interistas cunha dobre ocasión de Lolo e Rivillos que Álex desbaratou pero na seguinte ofensiva Rivillos marcou o 5-1, minuto 29. O Pescados Rubén volveu recorrer ao xogo de cinco que acougou a voracidade atacante interista aínda que Ricardinho completou o seu hat-trick co 6-1. Na recta final Jesús Herrero redondeou o seu partido marcando o definitivo 7-1 que sitúa ao Movistar Inter como líder da competición.
Ficha técnica
Movistar Inter: Jesús Herrero, Ortiz, Ricardinho, Humberto, Taffy -cinco inicial- David Pazos, Lolo, Rivillos, Darlan, Daniel, Raya.
Pescados Rubén Burela FS: Álex, Isi, Petry, Iago Rodríguez, Matamoros -cinco inicial- Bellvert, Chano, Antoñito, Iago Míguez, Hélder.
Goles: 1-0, m.2, Humberto; 2-0, m.4, Ricardinho; 3-0, m.10, Ricardinho; 3-1, m.12, Iago Rodríguez; 4-1, m.22, David Pazos; 5-1, m.29, Rivillos; 6-1, m.31, Ricardinho; 7-1, m.38, Jesús Herrero.
Árbitros: Alonso Montesino, Santander Flamarique. Cartón amarelo a David Pazos e Daniel en Movistar Inter e a Petry, Iago Rodríguez, Matamoros e Hélder no Pescados Rubén Burela FS.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 2 de Primeira División disputado no pavillón Jorge Garbajosa.
* Fotografía: Prensa Movistar Inter.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
