Burela, 18 de outubro de 2016. As monitoras do Centro Gaia, pertencentes á Delegación de Medio Ambiente do Concello burelés, impartiron este luns pola tarde no IES Perdouro (4º Eso), unha charla baixo o título Xestión Sostible da auga.
A través dunha charla ilustrativa en power-point explicaron que “a auga é un dos bens máis prezados dos que dispón o ser humano, pero en ocasións parece que a tod@s se nos esquece a súa importancia e non a valoramos como se merece. A dispoñibilidade da auga, a incidencia do ser humano no ciclo hidrolóxico da auga, a auga virtual, o consumo doméstico, a instalación de sistemas economizadores, etc… foron algúns dos temas tratados. A actividade completouse coa visualización dunha proxección titulada O ben vital da auga”.
As monitoras remataron a actividade analizando os comportamentos do alumnado a través dun cuestionario con preguntas sinxelas sobre os minutos que tardan aproximadamente en bañarse, se pechan a chave da auga para enxaboarse e a abren cando se enxaugan, se mentres lavan os dentes manteñen a chave aberta todo o tempo; así como cuestións relativas a se teñen algún dispositivo tecnolóxico aforrador de auga, etc.
A concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, destaca que “o obxectivo desta actividade é sensibilizar e educar ao alumnado sobre a necesidade dun modelo de xestión sostible da auga, xa que fomenta o seu aforro, asegura que a auga devólvese ao medio ambiente coa calidade axeitada e garante o subministro da demanda mediante fontes alternativas de auga”.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



