Grupo ‘Por Nuestro Faro’.- Temos un compromiso coa illa Pancha. Por iso, cando dun xeito ou outro, dende hai mais dun ano, se da por acabada a historia da privatización para uso hoteleiro, repasamos para ver que hai de certo.
E polo momento, unha vez que comezou o desescombro, o que hai é que segue manifestándose cada vez maior cantidade de xente a favor da liberdade para a illa de todos. A favor de que a illa sexa de uso comunitario, non privado, con acceso restrinxido. A favor da súa protección e contra o seu uso empresarial.
E as cousas seguen sen estar claras. Non o están no Valedor do Pobo e o Defensor del Pueblo, mesmo con incidentes dos que daremos conta no seu momento. Non o están a nivel parlamentario, onde as preguntas sobre a situación seguen o seu camiño. Non o están na Reserva da Biosfera, e non o están para nos, que vemos numerosas irregularidades en todo o proceso.
Tampouco para algunhas institucións implicadas debe estar claro. Se non, non nos explicamos que sexa imposible conseguir documentación que entendemos pública.
Nin para moita xente máis, e non nos estamos agora a referir á xente integrada na plataforma polo noso faro, senón a casos diversos. Casos como o que manifesta o comentario feito nun xornal por unha persoa de lonxe de Ribadeo, que bota a culpa de que a xente non vaia poder entrar na illa ó concello, por non conceder a cafetería… Suponse entón que o concello tería que conceder a autorización por riba das normas para que o concesionario deixara entrar á xente (que fora á cafetería, claro!). Consideramos que xa relaxou abondo o concello o seu celo ó non requirir algúns informes para a concesión do hotel. Pero máis aló do detalle o que indica o caso é a confusión que se logrou instalar na xente en base a apoios tácitos nas institucións e nas novas, e, como consecuencia, á desinformación.
De calquera xeito, esta claro que se a xente se pon a opinar é porque considera que pode facelo porque a illa e de todos, e sexa cal sexa a opinión, o ser consciente de que se pode opinar é un paso adiante a favor de considerar a illa un ben común.
E máis cousas que se poderían tratar. Por exemplo:
-din algúns que poderiamos ter chegado antes a isto que chaman loita. Mais como cidadáns de a pé non temos moita facilidade para conseguir información que puidera resultar contraria ós desexos de quen ten que subministrala, mesmo para enterarmonos do comezo do proceso. E, cando chegou un mínimo de información, tamén necesitamos tempo para facernos á idea das implicacións e comezar a mobilización. E o que pretendemos é manter a illa Pancha como ben común, e iso non e unha loita, unha batalla ou unha guerra, senón pretender a paz e traballar para poder disfrutar dela.
-non nos explicamos o acoso que sufrimos, tentando intimidarnos con ameazas, insultos e mentiras, en lugares de traballo, tirándose diante de coches ou, mesmo a semana anterior ó desescombro, cando un dos membros do grupo foi perseguido nunha rúa con xente ó tempo que recibía insultos, mentiras e ameazas. E si, neste tempo hai xente que se sentiu intimidada.
Mais seguimos.
Non, a historia non remata cando comezan as obras. O mar e a illa van seguir estando, e nós procurando o que creemos mellor para todos. Así pois, só comeza unha nova fase.
Grupo ‘Por Nuestro Faro’.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



