Barreiros, 18 de outubro de 2016. Este domingo, 23 de outubro ás 16:00h. en Celeiro de Mariñaos haberá unha presentación da actividade. Posteriormente as nenas e nenos que o desexen poderán quedar a unha primeira sesión gratuíta para coñecer o obradoiro.
Rubén Pérez e Brian Rodríguez, con experiencia e formación nos campos da interpretación e o audiovisual, son os coordinadores do proxecto “A Lanterna Máxica”, unha actividade que combina as vontades da literatura, o teatro e o cinema para ser ofrecida como alternativa de ocio e cultura, e que chega a Barreiros da man do Colectivo Cultural Ollomao.
Esta actividade está pensada para que as nenas e nenos por medio do xogo coñezan e comprendan textos literarios galegos e o contexto dos mesmos, para tamén para que por medio do xogo aprender a interpretalos e finalmente adentrarse no mundo do audiovisual sendo protagonistas dunha historia. A idade mínima recomendable para a participación é de 6 anos podendo valorarse outras idades. A idade máxima recomendada é de 18 anos, xa que de producirse unha alta participación, valorarase a creación de dous grupos diferenciados por idade (infantil e xuvenil).
Tras varias edicións de teatro infantil, “A Lanterna Máxica” púxose en marcha en Barreiros durante o primeiro semestre do 2015, obradoiro que deu como resultado a película “Na procura dun filme”. Nesta, tanto a realización do guión como das personaxes e a propia interpretación foi obra das nenas e nenos participantes. Esta película está dispoñible en Youtube na ligazón: https://youtu.be/alGXrUGojv8.
“A Lanterna Máxica” será presentada de novo este domingo 23 de outubro ás 16:00h, nas Escolas de Celeiro de Mariñaos. Posteriormente haberá unha sesión de portas abertas á que poden quedar todas as nenas e nenos que desexen coñecer a actividade, tanto de Barreiros como de outros concellos. Só no caso de asistir ás vindeiras sesións, dúas por mes dunha duración de tres horas cada unha, procede o abono do cota mensual de 10€ por participante filla/o de socia/o ou 15€ para non socias/os, non debendo abonar ningún coste no caso de asistir únicamente á sesión de proba deste domingo.
Para asistir á primeira clase de “A Lanterna Máxica” non é preciso inscribirse previamente, máis en calquera caso dende Ollomao agradécese coñecer a intención daquelas nenas e nenos que desexen asistir para ter unha previsión da participación.
Para máis información, dende o colectivo barreirense habilitan dúas canles de contacto, unha por medio telefónico no número 650542932 (Tamara) ou ben por correo-e a colectivo.cultural.ollomao@gmail.com. Para coñecer o proxecto de “A Lanterna Máxica” pode consultarse a páxina de Facebook https://www.facebook.com/alanternamaxica, ou contactar con Rubén no teléfono 620782381.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



