O Pescados Rubén Burela FS regresaba este martes da cidade amurallada co billete para oitavos de Copa do Rei logo de impoñerse por 3-5 ao Prone Lugo FS, de Segunda. “Por primeira vez na tempada fomos equipo, controlamos o partido; malia empezar perdendo soubemos seguir controlando o partido e esperar a que chegasen os nosos goles”, reflexionaba o 12 laranxa Bruno Petry. O equipo de Daniel Ibañes coñecerá o seu rival o 25 de outubro.
“O Prone puido adiantarse nunha das súas primeiras ocasións claras, pero soubemos reaccionar” explicaba o autor do 1-2, a balón parado, no minuto 18, tras a iniciativa de Caique (minuto 15) para os lugueses e a igualada de Iago Rodríguez (minuto 17). Aínda que os locais puxeron as táboas segundos despois, o Peiscados Rubén volveu apropiarse do marcador na recta inicial do segundo acto con Bellvert (minuto 22) en contragolpe e ampliaron Iago Rodríguez (27), en xogada individual, e Hélder (28). Con xogo de cinco, os de Manuel Vázquez crearon perigo pero tan só materializaron o 3-5 (minuto 30), de novo de Caique. “Foron moitos minutos con porteiro-xogador, sufrimos algo pero é algo normal con 5 para 4; soubemos defender e conservar o resultado” aseguraba Petry.
O equipo de Daniel Ibañes descansará hoxe para volver mañá ao traballo de liga, con outro derbi irmandiño por diante, o do venres fronte ao Santiago Futsal (Vista Alegre, 21.00 horas), que caeu onte de Copa do Rei fronte ao Noia FS (3-2). “Teño moita ilusión de facer outro bo partido; é importante comezar a seguir puntos para fortalecer a confianza e o ánimo do equipo” adiantaba Petry, facendo fincapé na complexidade do duelo galego: “Estará moi igualado, coma sempre. Xa nos vimos dúas veces en pretempada con vitoria para eles no Burela Bonita e para nós en Rianxo; por iso, porque nos coñecemos moi ben, o encontro do venres será aínda máis duro” explicaba o pivote, que recorre á concentración como clave da cita: “Se estamos ben de cabeza, con tranquilidade nos momentos máis inestables, temos moito do noso lado para gañar” puntualizaba o burelista.
Ficha técnica
Prone Lugo FS: Kelvin, Diego Núñez, Caique, Gilbert, Adrián, cinco inicial; tamén xogaron Nacho Pedraza, Luis Longo, Rengifo, Samuel, Óscar Iglesias
Pescados Rubén Burela FS: Miñano, Iago Rodríguez, Chano, Bellvert, Antoñito, cinco inicial; tamén xogaron Iago Míguez, Isi, Petry, Renato, Hélder, Álex
Goles: 1-0, minuto 15, Caique; 1-1, minuto 17, Iago Rodríguez; 2-1, minuto 18, Petry; 2-2, minuto 18, Luis Longo; 2-3, minuto 22, Bellvert; 2-4, minuto 27, Iago Rodríguez; 2-5, minuto 28, Hélder; 3-5, minuto 30, Caique
Árbitros: Menéndez Nistal // Amor Vizoso. Amoestaron a Óscar Iglesias, Caique e Iago Míguez.
Incidencias: Partido correspondente a 1/16 de Copa do Rei disputado no pavillón municipal de Deportes de Lugo.






















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
