Ribadeo, 19 de outubro de 2016. Alimentación e Saúde é o título da charla que organiza Acisa Ribadeo. Ofreceraa a dietista naturópata Nuria Granados este xoves ás 20.00 horas no salón de actos da antiga casa sindical, na Avenida de Galicia-20.
Nuria Granados, que falará sobre “Pautas para levar unha vida saudable a través dunha alimentación equilibrada”, asegura que na súa intervención pretende “máis que nada ter en conta como cambiou a alimentación dun tempo para aquí e ter un pouco a conciencia de que todo o que comemos basicamente agora está sobre todo moi procesado, moi azucrado, moi refinado e afástase moito do natural”.
Esta dietista explica que “a auga que bebemos tampouco é de calidade e non é fácil atopar un auga de calidade ben sexa a de grifo, a potable ou a de botella, e é moi importante tamén concienciarnos de que somos un setenta por cento de auga e temos que beber auga de calidade. Iso determina que teñamos un corpo acedo ou alcalino, que é a base da patoloxía ben sexa crónica ou sintomatoloxía variada como dores de cabeza, depresión, estreñimiento ou acidez de estómago, cousas ás que non lle damos importancia, pero que realmente non son saúde e que afectan a moitas persoas”.
Nuria Granados propón “botar unha mirada ao que era a alimentación dos nosos avós e tender un pouco cara aí, a comer un pouco máis natural, máis próximo, máis de tempada e máis de mercado, non tan envasado, tan plastificado. Son cousas moi sinxelas, tampouco fai falta facer grandes cambios senón ter conciencia un pouquiño en cousas que facemos por inercia con tanta televisión e tanto anuncio de comida”.
A dietista naturópata asegura que “queda un longo camiño que percorrer sobre todo si miramos a outros países de Europa, que como sempre nos levan a dianteira a anos luz, pero tamén é verdade que si que se vai tomando conciencia. Eu vexo de cinco anos para aquí que hai un gran cambio, cada vez hai máis tendas de alimentación ecolóxica que abren e funcionan de marabilla, cada vez hai máis grupos de consumo que se preocupan por introducir o alimento ecolóxico na súa casa, cada vez hai máis leites vegetais no supermercado, por exemplo”.
Nuria Granados engade que “si hai un cambio, si hai unha conciencia, pero hai moita xente que ten aínda a venda nos ollos porque os médicos aconsellan certa alimentación ou certas pautas que xa están como moi desfasadas, moi obsoletas, e sobre todo os medios de comunicación. Eu detéñome moito en desenmascarar publicidade enganosa en canto a industria alimentaria, á industria alimentaria interésalle o seu propio beneficio non o benestar das persoas a través da alimentación que é o que venden”.
Esta dietista considera que “agora hai moitísimas modas, o veganismo, o crudiveganismo, a dieta macrobiótica, todo iso está estupendo, pero eu non entro en dicirlle a unha persoa como ten que seguir, iso xa o deixo a elección persoal, pero si que saiban o que están facendo. Si tomas leite que saibas o que é, si tomas carne de segundo que grandes superficies que saibas o que é, eu non quero tampouco ir dicindo isto si e isto non, porque creo que non é a panacea nin que existe unha fórmula única, pero interésame moito quitarlle véndaa dos ollos á xente”.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



