A Delegación Local da Asociación Española contra o Cancro agradece aos veciños e veciñas participantes nos actos convocados con motivo do Día Internacional contra o Cancro de Mama ademais do apoio recibido por parte do Concello de Foz e os seus traballadores representados polo alcalde, ao colexio Martínez Otero, a Rondalla Latexos, o grupo de teatro Pico do Castro, un veciño afectado Eduardo Castro, Radio Foz e medios de comunicación cos que foi posible xuntarse diante o Concello para pechar os actos de conmemoración. Grazas ao apoio a delegación local pode continuar ofrecendo servizos de apoio psicolóxico profesional e gratuíto, de atención social e orientación sanitaria a tódolos pacientes de cancro e as súas familias.
A AECC agradece o apoio en Foz
A AECC agradece o apoio en Foz
Relacionado
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009
-
Deu comezo o pasado 1 de maio a Liga Galega de Traiñas Veterans, cun total de 11 xornadas
-
A Deputación apoiou ao Concello de Trabada para celebrar unha nova edición da Festa da Enfariñada