Ribadeo, 19 de outubro de 2016. O I Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo foi presentado este mediodía no salón de plenos da Casa do Concello. Os traballos nas modalidades de relato curto, poesía e debuxo terán de prazo para presentarse ata o 31 de xaneiro do 2017. Poden presentarse todos aqueles rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 1976 e o 31 de decembro de 2000, que cursaron os seus estudos en Ribadeo, en primaria, secundaria ou FP.
Na presentación o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, lembrou que “ata o de agora mozos e mozas de Ribadeo, de Barreiros ou de Trabada que estudaban aquí a secundaria cando eran pequenos podían participar e poden seguir participando nos concursos clásicos que convoca a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho en coordinación coas demais bibliotecas municipais da provincia, que son os concursos de Nadal e das Letras Galegas”.
O edil nacionalista anunciou que “a partir de agora os mozos e mozas que teñan máis de 16 anos e ata os 40, porque é a primeira vez que facemos este certame literario e de artes plásticas e queremos dar pé a o maior número posible de persoas para participar, xa teñen o seu concurso literario e de artes plásticas, será o I Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo”.
Graña explicou que “poderán presentarse nas modalidades de relato curto, de poesía e de debuxo nas súas diferentes vertentes. Os traballos deberán ser entregados antes do 31 de xaneiro do 2017. O relato curto poderá ter entre tres mil e dez mil carácteres, no caso de verso os poemas non superarían os 150 versos sen mínimo, e no caso de debuxo e pintura poderá ser en branco e negro ou en cor, iso si soamente en dúas dimensións, non pode ter ningún tipo de relevo porque o premio vai ser a edición destes traballos. Deben ser enviados por correo ao I Certame Literario e de Artes Plásticas, ao Concello de Ribadeo, Praza de España nº1 – 27.700 Ribadeo”.
O concelleiro de Cultura salientou que “o premio é algo fundamental para a xente nova que teña os anos que teña, comeza ou quere comezar a publicar. Moitas veces é difícil publicar, por iso precisamente pensamos nesta modalidade de concurso. O Concello vai editar en torno a 350 exemplares dos relatos curtos, dos poemas e dos debuxos que sexan gañadores. Haberá tres premios por modalidade, primeiro, segundo e terceiro coa posibilidade de outorgar algún accésit se o xurado o considerara oportuno”.
Farruco Graña dixo que “este libro presentaríase no marco da seguinte feira do libro do próximo ano. O xurado vai estar composto por persoas do ámbito das letras, da docencia e das artes plásticas. Xente vinculada á comarca que valorará tanto a calidade dos relatos, dos poemas e dos debuxos, como tamén as obras deben ter algún vínculo coa comarca da Mariña e co propio concello de Ribadeo, pero ademais valorarase a perspectiva de xénero. Desde o Concello consideramos que toda a política que se está levando a cabo de promoción da igualdade entre homes e mulleres, tamén é bo que se vexa dalgunha maneira reflectido en todas as actividades que fagamos. Neste concurso literario consideramos que é un aspecto importante a ter en conta á hora de valorar as obras”.
Pola súa banda a concelleira de Mocidade, Vanesa Yanes, asegurou que “a mocidade ribadense ten moita capacidade tanto no ámbito musical como no literario e artístico. E convido dende a Concellería de Mocidade a todos e a todas a participar nesta primeira edición xa que é unha boa oportunidade para mostrar os seus traballos. Resaltar a data límite de recollida dos traballos que é o 31 de xaneiro do 2017”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



