A Coruña, 21 de outubro de 2016.- O vindeiro luns, 24 de outubro, celébrase o Día Internacional da Biblioteca, unha data que a Real Academia Galega aproveitará para seguir conmemorando o centenario das Irmandades da Fala. A institución renderalle homenaxe a un dos fundadores desde movemento pioneiro na defensa do emprego da nosa lingua en todos os contextos, Antón Villar Ponte, amosando unha escolma do seu fondo bibliográfico particular, formado por case douscentos volumes que pertenceron ao intelectual.
A exposición poderá verse ao longo de toda a semana na biblioteca da Academia (Rúa Tabernas, 11 – A Coruña), en horario de 9 a 14.45 horas e de 16.30 a 19.45 horas de luns a xoves e de 9 a 14.45 horas o venres 28 de outubro. Os visitantes recibirán como agasallo un exemplar d’A Terra Chá, poesía e paisaxe, o discurso que o poeta Manuel María, protagonista do Día das Letras Galegas de 2016, pronunciou co gallo do seu ingreso na RAG no ano 2003.
O fondo de Villar Ponte foi doado en 2001 á Real Academia Galega por Esperanza Casal Rodríguez, nora do intelectual, por indicación do seu home, Antón Villar Chao. A literatura galega de principios do século XX predomina nesta colección, con dedicatorias de moitos dos autores a Antón Villar Ponte. É o caso, por exemplo, de Seara: poesías gallegas (1924) no que a escritora e académica correspondente Herminia Fariña estampou a súa sinatura acompañada de palabras de afecto ao seu “irmán”; Oraciós campesiñas: (versos galegos) (1927), de Eladio Rodríguez González; un exemplar de Proel, de Luís Amado Carballo, do ano 1927; Na noite estrelecida (1926), de Ramón Cabanillas; ou Romances galegos, de Eduardo Blanco Amor, en edición de 1928.
A biblioteca de Villar Ponte é tamén rica en obras de contido político e corte ensaístico. Entre outros textos, o público poderá ver neste apartado Unificación y diversificación de las nacionalidades (1932), de Manuel Portela Valladares; O municipio galego; conferencia lida na “Irmandade da Fala” da Cruña (1917), dedicado tamén polo seu autor, Antonio Valcárcel; La nacionalitat catalana (1910), de Enrich Prat de la Riba (igualmente dedicado) ou El problema político de Galicia, de Vicente Risco, en edición de 1930.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



