Cervo, 21 de outubro de 2016. O Concello de Cervo rebaixará a débeda viva para o vindeiro ano en 266.000 euros. O alcalde, Alfonso Villares, anunciou hoxe que pretende que o orzamento municipal de 2017 estea aprobado para o 1 de xaneiro.
Alfonso Villares explicou que “desde o Concello de Cervo estamos a traballar xa nos presupostos municipais para o próximo ano 2017. A nosa intención sen dúbida ningunha, como foi durante estes últimos tres anos, é telos presentados a tempo para que estean efectivos a 1 de xaneiro”.
O rexedor cervense comenta que “á hora de traballar para estes presupostos do ano 2017 hai uns factores que xa temos definidos, en concreto os datos que nos indican que imos seguir rebaixando a débeda bancaria. Hai que recordar que o capital vivo que imos ter ao final deste ano vai ser 1.470.047 euros, un préstamo que vai pasar a finais do ano que ven, e esa é a previsión que imos facer, de 1.470.000 a 1.203.885 euros; polo tanto imos amortizar un total de 266.161 euros neste próximo ano 2017”.
Villares engade que “dese 1.203.000 euros de capital vivo que nos vai quedar hai que dicir que a metade aproximadamente, 600.000 euros, é un préstamo que non ten ningún tipo de interese e o outro é a un interese que é ao euribor máis unha porcentaxe moi pequena. Así que estamos a reducir notablemente os gastos que nos supoñen estes préstamos”.
O alcalde de Cervo lembra que “son uns préstamos, tamén hai que indicalo, que veñen de moi atrás; e hai que recordar que polo ano 2000, cando había outro goberno municipal, a débeda bancaria era de 3.715.502 euros. Polo tanto baixar desa cantidade a 1.203.000 euros, que imos ter a finais deste próximo ano, é case 2 millóns e medio de euros o que reducimos de débeda bancaria nestes últimos anos”.
Alfonso Villares salienta que “no que é a porcentaxe de débeda viva, que é un indicador que nos di dun xeito moito máis gráfico como vai evolucionando a débeda, o dato que tíñamos do ano pasado era que a porcentaxe era do 26,50 % e este ano vai ser do 19,20 %. Polo tanto seguimos baixando esa porcentaxe de débeda viva. Tamén hai que recordar que nese ano 2000 a porcentaxe de débeda viva era do 150´88 %”.
Para o alcalde de Cervo “son datos moi indicativos de como está a evolucionar a economía do Concello de Cervo”.
Villares salienta ademais que “outro apartado que tamén é importante á hora de facer as contas públicas de Concello é con respecto á débeda a provedores, que tamén hai que recordar que no ano 2000 era de 2.100.000 euros e na actualidade podemos dicir que a débeda a provedores é cero. Incluso temos os datos que nos foron dados a través da Consellería de Facenda con respecto ao período medio de pago deste último trimestre e estamos a pagar en quince días. As facturas de todos os provedores que chegan ao noso Concello páganse nunha media de quince días”.
O rexedor cervense conclúe comentando que “son datos positivos, que nos indican que estamos a facer as cousas con moito sentido común; e así seguiremos traballando. Son datos que ademais tamén nos están a valer agora para traballar nestes presupostos para 2017, sobre os que en vindeiras datas daremos máis información, co obxectivo de telos presentados e aprobados a 1 de xaneiro do próximo ano”.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



