Os Amigos de RegalXunqueira saen da estación de tren de Viveiro ás 10.00 horas ata a estación de tren de Foz onde ás 11.00 horas empeza a camiñata de 16 quilómetros e practicamente cha ata o apeadeiro de tren de Reinante, pasando por Mañente, a Espiñeira, cruzando o río Masma e encamiñando polas praias da costa de Barreiros: praia de Altar,de San Bartolo, de Acantilado-Remior, de Coto, de Fontela – Balea, de Lóngara, A Pasada e Arealonga. Comerán polo camiño e volverán no tren das 19.00 horas ata Viveiro. Recoméndase levar bocadillo para o almorzo, algo para comer e beber.
Roteiro dos amigos de RegalXunqueira: Foz-Reinante
Roteiro dos amigos de RegalXunqueira: Foz-Reinante
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo