Todas e todos os que participan, de algunha forma, no Alas de Vida saben que non é un evento calquera. Sempre falamos da boa mestura entre solidariedade e deporte pero hai algo máis, un optimismo e un sentimento especial que cada ano impulsa a centos de persoas a vivir un día deportivo e familiar e a aportar o seu grao de area por unha boa causa.
Que mellor día que 25 de outubro, día Internacional da Epidemólisis Bullosa “Pel de Bolboreta”, para facer un breve balance e recordar o Alas de Vida 2016. Nesta terceira edición superamos todas as expectativas en canto a recadación e participación grazas aos moitísimos colaboradores (particulares, institucións e empresas) e participantes que fan posible a organización e realización do Alas de Vida. Ao finalizar o evento de este 2016 recaudáronse 9005,39€ que desde a Asociación Cultural Fanto Fantini (encabezada por Quico Muñoz e Diego Franco) foron íntegramente doados á Asociación DEBRA para que siga coa súa importante función intentando mellorar a calidade de vida ás persoas afectadas pola enfermidade “Pel de Bolboreta”. Este ano voaron (non correron) entre as diferentes probas máis de 900 persoas, cantos seremos para o ano?
Porque, por suposto, para o ano que ven voltaremos con máis forza e gañas para unha edición renovada e con cambios. Podemos adiantar dous temas importantes:
· Data: sábado 23 de setembro do 2017:
o Pola mañá as probas cronometradas
o Pola tarde o Paseo Solidario e Festa Infantil (que segue a ser a proba raiña do Alas de Vida, onde máis xente participa e onde se respira un ambiente familiar especial).
· Recorridos: é a principal novidade. Despois de confirmar o imprescindible apoio dos Concellos de Cervo e Burela abandonamos o inicial trazado do Alas de Vida para deseñar uns recorridos novos e atractivos:
o 21km: a IV Media Maratón Alas de Vida deixa de ser de montaña para saír de Burela pola estrada da Marosa até San Cibrao e volver para Burela. Un precioso e máis asequible recorrido bordeando a costa.
o 10km: saída desde Burela pola estrada da Marosa finalizando en San Cibrao.
o 7km: saída desde Burela até o campo de fútbol da Marosa e volta á Praza da Mariña.
Desde Fanto Fantini queremos volver a dar as grazas a todas as persoas, institucións e empresas que fan posible o Alas de Vida e animamos a todo o mundo a participar no Alas de Vida 2017.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



