Os 12 Deputados do Partido Popular e o Deputado non adscrito decidiron este martes no Pleno votar en contra, e non absterse, feito que permitiría que todos os asuntos saísen adiante cos votos a favor do PSOE e do BNG, do Premio Otero Pedrayo, da ampliación do Club Kayak de Foz, da conversión do Cuartel de San Fernando no Museo da Romanización, da modernización dos servizos ferroviarios na provincia e na mellora das condicións laborais dos bombeiros. Todas estas propostas, ás que se opuxeron ditos Deputados, recollían as reclamacións de colectivos de todo o territorio lugués.
O PP e do Deputado non adscrito votaron en contra da proposta do Goberno Provincial para adxudicar a Arcadio José María López Casanova o Premio Otero Pedrayo por valor de 16.000 euros. Cada ano, unha Deputación galega se encarga da convocatoria e concesión deste galardón en colaboración coa Xunta de Galicia. Nesta anualidade, correspóndelle á de Lugo custealo con 16.000 euros, ás da Coruña, Pontevedra e Ourense con 2.000 euros e á administración autonómica con 8.000 euros. O fallo do premio tamén se fai conxuntamente a través dun xurado de expertos, no que se involucran ata a USC e a Real Academia Galega.
O Club Kayak de Foz solicitou á Deputación de Lugo axuda económica para ampliar as súas instalacións. O Goberno Provincial respondeu a esta petición, levando ao Pleno un investimento de 100.000 euros para poder iniciar a execución do proxecto de construción dun novo hangar de piraguas, co que xa conta esta entidade. Trátase dun club que ano a ano incrementa as licenzas federativas e que conta cunha importante traxectoria na Comunidade, pois data do ano 1983 e organiza a proba de piragüismo máis antiga de Galicia, como é a Travesía de Foz.
O Goberno Provincial presentou este martes ao Pleno unha proposta que recolle as conclusións do estudo do Eixo Atlántico para modernizar o tren na provincia. Os 12 Deputados do PP e o Deputado non adscrito votaron en contra da chegada da alta velocidade a Lugo, da intermodal, así como da mellora dos servizos de pasaxeiros e de mercadorías, que permitiría desenvolver o Porto Seco. Todo isto, cando dito estudo demostra, unha vez máis, que a provincia de Lugo é a que conta coas peores comunicación ferroviarias de toda a Comunidade, así como unha das peores de España.
PP e Deputado non adscrito votaron en contra do Museo da Romanización, que colectivos en defensa do patrimonio reclaman á Xunta no Cuartel de San Fernando; así como de mellorar as condición laborais dos bombeiros dos parques do Consorcio Provincial, tal e como reclaman estes profesionais, hoxe presentes na sesión plenaria.


















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



