A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, destacou este mércores que o novo acceso ao porto de Burela representa unha dobre oportunidade que vai aumentar a competitividade da dársena e liberar o centro urbano da vila do paso de 400 vehículos pesados cada día. Así o dixo a titular de Infraestruturas en funcións durante a visita que esta mañá realizou a esta localidade luguesa para supervisar os traballos nesta infraestrutura, na que a Xunta inviste 8 millóns de euros e que estará rematada en novembro, pois está xa executada nun 95%.
Ethel Vázquez, que estivo acompañada pola secretaria da Delegación territorial da Xunta en Lugo, Marta Barreiro, e do alcalde, apuntou que esta nova vía optimizará as comunicacións cara ao porto e suporá un pulo ao desenvolvemento económico do municipio, ao tempo, que redundará nunha maior seguridade e no incremento da calidade de vida dos veciños de Burela, “xa que ao aliviar o tráfico no centro da vila tamén reducimos a contaminación ambiental e acústica nas rúas”.
Trátase da construción dunha vía de 1,26 quilómetros que vai desde a intersección coa Avenida de Arcadio Pardiñas ata a Avenida da Mariña, o que suporá o afastamento dos tráficos portuarios do centro urbano, co que haberá unha mellora das comunicacións e de incremento da seguridade viaria.
Vázquez Mourelle destacou que, logo de meses de traballo, nos que foi preciso superar as dificultades técnicas derivadas da orografía e da presenza da liña de ferrocarril no trazado, hoxe esta vía está moi avanzada, como demostra o feito de que, onte mesmo se comezou a estender o firme na glorieta de acceso á dársena. Segundo indicou, os traballos continuarán nos vindeiros días ao longo de todo o trazado e que quedarán finalizados neste mes. Ademais, explicou que resta colocar a sinalización e pequenos remates que teñen que ver coa reposición da vía de ferrocarril.
A responsable de infraestruturas do Executivo autonómico subliñou que “se trata dunha infraestrutura estratéxica para reforzar a competitividade do porto de Burela, xa que facilitará os movementos de entrada e saída a unha das dársenas galegas que rexistra maior volume de operacións e que, desde a entrada en funcionamento da nova lonxa, viu incrementada a súa actividade”.
Ethel Vázquez remarcou que a execución desta vía responde tamén a unha importante demanda dos veciños, posto que a apertura desta estrada reducirá as molestias e o perigo que supón a circulación de máis de 400 vehículos pesados ao día polo núcleo urbano da vila.
Ademais, apuntou que agora o Concello debe analizar a nova configuración do tráfico na vila para aproveitar ao máximo a capacidade da vía en beneficio da calidade de vida dos veciños.
Resaltou que este acceso ao porto, xunto con outras actuacións tan importantes como a finalización, neste ano, do treito Celeiro- San Cibrao da VAP da Costa Norte, “poñen de manifesto o interese e o esforzo do Goberno galego por dotar aos veciños da Mariña luguesa de máis servizos e de mellores comunicacións e equipamentos”, engadiu.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



