Cervo, 27 de outubro de 2016. A piscina municipal olímpica de San Ciprián acollerá a partir do día 2 de novembro, mércores, os cursos da tempada 2016-17.
O edil José Ramón Soto anunciou hoxe que “a Concellería de Deportes de Cervo dará comezo o 2 de novembro aos cursos da presente tempada 2016-17 na piscina olímpica de San Ciprián, con 185 inscritos a día de hoxe, ademais dos membros asociados as ANPAS, tanto do concello como doutras localidades da Mariña, como as de Burela, Alfoz e O Valadouro, que supoñen outros 230 participantes. Os cursos que se impartirán na única piscina olímpica da provincia de Lugo son: iniciación para bebés, a partir de 0 anos; iniciación e perfeccionamento, para nenos e adultos; aquagim, que é ximnasia na auga; natación específica para recuperación de lesións; preparación para probas e salvamento; natación para embarazadas; e actividades lúdicas”.
O concelleiro de Deportes engadiu que “no caso dos cursos para embarazadas poderán participar tanto as mulleres que son socias da piscina municipal como as non asociadas. O obxectivo do goberno local e do persoal da piscina é fomentar a natación, un deporte especialmente indicado para as mulleres durante o embarazo por varias razóns: axuda a eliminar os excesos de auga, fortalece os músculos que máis sofren antes e durante o parto, favorece a mobilidade e facilita a relaxación”.
José Ramón Soto tamén explicou que “as sesión específicas de natación serán planificadas polos monitores Ramiro Chaves, Lorena Da Silva, Rocío Cabaleiro e José Emilio Gómes Rocha. As persoas interesadas en anotarse nas actividades poden achegarse á piscina municipal para obter máis información ou chamar ao número de teléfono 982.59.45.12”.
Soto manifestou ademais que “con isto o Concello de Cervo pretende que os usuarios da piscina poidan rendibilizar máis, se cabe, as súas actividades acuáticas. Tamén queremos recordar a todas aquelas asociacións deportivas ou de outra índole da Mariña que se o desexan poden acudir ás nosas instalacións, contactando previamente coa información da piscina a través no número de teléfono da mesma indicado anteriormente”.
E o edil de Deportes rematou comentando: “dende o Concello de Cervo, como non podería ser de outro xeito, seguimos a traballar polo deporte e benestar dos nosos veciños”.























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



