Exitosa xornada de loita contra as reválidas da LOMCE o mércores 26 de outubro e tamén contra a LOMCE no seu conxunto; mobilizámonos as familias, a xuventude, os sindicatos, moitos representantes de partidos políticos, e conseguimos un baleirado case absoluto das aulas de secundaria e bacharelato, demostramos que a sociedade toda, e o estudantado e as súas familias especificamente, non queremos ningún tipo de reválidas, e ademais esiximos a paralización e posterior derogación da LOMCE.
Hoxe, no debate de investidura, o candidato á presidencia do goberno polo Partido Popular, dixo que “as reválidas non terán efectos académicos ata que non se chegue ao pacto nacional pola educación que propuxen onte”.
Ese anuncio do candidato é evidentemente unha consecuencia inmediata da forte mobilización cidadá, iso sabémolo; pero tamén sabemos que non é a resposta que queremos, nin a razón pola que saímos onte ás rúas a reclamar o que levamos moitos anos reclamando: un Ensino Público sen LOMCE.
A paralización da validez académica das reválidas, que na práctica inmediata se limita á de 2º de Bacharelato, porque a de 4º da ESO xa non tiña esa validez este curso, simplemente é unha pequenísima concesión que tenta tapar a enorme magnitude da protesta social, que leva anos reclamando o mesmo que imos continuar esixindo:
– Que non haxa ningún tipo de reválida, nin proba de avaliación.
– Que se derrogue a LOMCE e todo o que a LOMCE trouxo consigo.
Por moito que as reválidas sexan a primeira preocupación, polo seu efecto devastador e pola súa inmediatez; o que realmente nos preocupa ás familias é a existencia dunha Lei educativa que aposta pola falta de atención ao alumnado con necesidades especiais, tanto conxunturais como puntuais; unha Lei que pretende solucionar o abandono escolar dun xeito estatístico, eliminando das contabilidade do Ensino obrigatorio a todos os que non poidan seguir o ritmo do que o lexislador considera idóneo; unha Lei confesional, que pretende incrementar a presenza da relixión na vida dos nosos mozos e mozas; unha Lei centralizadora, que recupera valores que esta sociedade ten pacificamente superados hai varias décadas; unha Lei, en definitiva, que non é para o beneficio de todos e todas, senón para a consolidación das vantaxes económicas dunha minoría.
As familias non imos deixarnos enganar por unha oferta cativa, que só pretende tapar os ecos da protesta educativa máis longa da nosa historia. Alegrámonos de que o risco máis inminente desapareza, pero non imos parar de demandar, con todos os nosos medios e forzas, que desapareza a LOMCE, e todo o seu ideario e efectos; e que se normalice a realidade educativa cunha norma estable, inclusiva, e defensora do Ensino Público de todos e para todos.





















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



