O hotel Vila do Val está preparado para celebrar o Samaín. A súa proposta estrela é a nova hamburguesa de zorza. Ademais durante toda a fin de semana, no que o hotel estará decorado para a ocasión, serviranse racións, pizzas e hamburguesas. E o luns, 31 de outubro, participará na Ruta de Tapas Samaín 16, xunto a outros bares e restaurantes da localidade. A partir das sete da tarde poderanse saborear no Vila do Val tapas terroríficas. A directora do Vila do Val, María Hermida, recomenda “acercarse a Ferreira a disfrutar del Samaín y a degustar las propuestas que les ofreceremos en nuestro restaurante. Cualquier momento es bueno para visitar o Valadouro y el Vila do Val… y ya que habrá mucha gente de puente, esta es una muy buena fecha”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



