Foz, 28 de outubro de 2016. O pleno da corporación municipal de Foz celebrado na tarde deste xoves aprobou unha rebaixa no recibo do imposto de bens inmobles (IBI) para o vindeiro ano. Nesta sesión tamén se adoptaron acordos para avanzar nos expedientes das obras da rúa Álvaro Cunqueiro e do novo xeriátrico.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, salientou hoxe que “desde o goberno de Foz queremos facer unha valoración moi positiva do que foi o pleno do día de onte porque se sacaron adiante todos os asuntos propostos por este goberno e moitos deles moi importantes. O máis destacado é que se consensuou coa maioría dos grupos da oposición unha rebaixa do IBI, ou contribución, para o ano que vén. Facendo contas en xeral pode supoñer unha redución de entre un 8 e un 10 por cento aos recibos, posto que ademais de rebaixar o coeficiente do 0,6 ao 0,54 tamén haberá unha bonificación do 5 por cento para todos aqueles recibos que estean domiciliados”.
Javier Castiñeira explica que “estamos a falar dunha rebaixa importante de arredor de 180.000 euros que foi pactada con Foz Plataforma de Futuro e ao final o Partido Socialista tamén se sumou a ese pacto froito da boa relación que hai agora mesmo na corporación e das negociacións que se están levando a cabo. Como consecuencia disto o Concello para o ano que vén terá 180.000 euros menos con respecto ao 2016, que hai que ver de onde se van quitar, pero tamén é verdade que hai un compromiso cos grupos da oposición de cando elaboremos os orzamentos teñamos en conta estas circunstancias”.
O rexedor municipal de Foz remarca que “o Concello de Foz é un dos municipios da Mariña que máis baixa ten a contribución a pesar das subidas do valor catastral destes últimos anos. Con respecto a outros concellos de entidades parecidas de poboación e de extensión chega a haber unha diferenza de case un 50% máis nalgún concello veciño. Aínda sendo o recibo dos menores da Mariña para o ano que ven vai ser aínda un 8 por cento máis barato”.
Javier Castiñeira engade que “iso pode ter unha lectura boa para os veciños, pagar menos contribución, pero tamén ten unha lectura mala, pois ao final a disposición do Concello estamos a falar de 700.000 ou 800.000 euros menos nos orzamentos. Para ter mellores servizos ou para ter máis obras que outros concellos veciños, que tampouco non é a hora de nomealos, pero é moi fácil ir ao boletín oficial e ver os orzamentos dun pobo ou doutro e ver porqué teñen máis investimentos uns e outros, e iso non deixa de ser porque hai niveis impositivos máis altos”.
Ademais o alcalde asegura: “temos a auga e o servizo de recollida de lixo máis baratos da comarca e unha das contribucións máis baixas da comarca, que aínda vai baixar para este ano próximo. Quero dar a coñecer este feito, pero en todo caso coa satisfacción por chegar a un acordo, algo que sempre é motivo para estar contentos; e desde o goberno quero dicirlle á xente que sempre hai vontade para negociar. Sempre é mellor un acordo normal que un non acordo, como pasaba na lexislatura anterior”.
Sobre o pleno de onte Castiñeira tamén explicou que “ademais, entre outros asuntos, aprobouse o prego de solicitude dun crédito de 605.000 euros para avanzar na contratación da obra de remodelación da rúa Álvaro Cunqueiro, que se fai coa Deputación e con fondos do Concello. En próximos días pediranse ofertas a diferentes entidades bancarias para tratar de iniciar a licitación o antes posible”.
O rexedor engadiu que “no expediente do xeriátrico tamén se fixo un avance importante posto que o pleno aceptou o convenio co Consorcio Galego de Benestar para que este ceda tanto as instalacións do xeriátrico como o equipamento ao Concello de Foz e tratemos o antes posible de dar unha solución durante catro anos aproximadamente á xestión municipal do novo xeriátrico. Houbo polo tanto avances nestes dous asuntos moi importantes e a principios de ano 2017 veranse os seus resultados”.
























“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



