A carpa instalada pola Federación de Comercio A Mariña na praza do Concello acolleu este sábado 29 de outubro á noite en Foz o sorteo de 2.000 euros en vales de compra para gastar ao longo dos próximos días nos locais asociados ao Centro Comercial Aberto focense. Repartíronse 10 premios de 100 euros en vales cada un, un de 200 euros, outro de 300 euros e un máis de 500 euros.
A campaña da Federación de Comercio A Mariña arrincaba o pasado 10 de outubro e concluirá o 26 de novembro. Ata o momento repartiu 6.000 euros en premios, dous mil en Viveiro o día 15, dous mil en Ribadeo o día 22 e outro dous mil en Foz este 29 de outubro.
Nas próximas semanas haberá tamén sorteos en Burela, Xove e O Vicedo. O obxectivo da campaña é potenciar o consumo local. O próximo será o 12 de novembro.