Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2016.- As Asembleas Xerais de tres cooperativas ganaderas galegas, Feiraco, Irmandiños, e Melisanto ratificaron hoxe con amplísima maioría —era imprescindible que fose superior a dous terzos— o acordo alcanzado polos seus respectivos consellos rectores, polo que inician un proceso de integración das súas actividades e negocios nunha cooperativa de segundo grado, cuxa denominación farase pública nos próximos días, e que terá efectos desde o día de hoxe. A cooperativa Xallas non aprobou a súa integración.
As cooperativas que aprobaron o acordo de integración dedícanse principalmente á fabricación de piensos, tenda agrícola e á prestación de servizos aos seus socios e á recolleita, envasado e distribución de leite, así como doutros derivados lácteos.
Cada unha das cooperativas partícipes procederá a aportar a totalidade dos seus negocios – activos e persoal- á nova cooperativa a cal, a partir da integración, pasará a realizar todas as actividades fronte a terceiros.
O novo grupo contará con participacións significativas nas sociedades Feiraco Piensos S.L, Feiraco Lácteos S.L, Clesa – Acolat, Ucoga Asesores, Delagro S.C. e Artesans Gandeiros.