O GRUPO MUNICIPAL DE “FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO” SEGUE AVANZANDO POLO BEN DO POBO, POSTO QUE AS TRES MOCIÓNS QUE PRESENTOU NO ÚLTIMO PLENO DO CONCELLO DE FOZ FORON APROBADAS POR UNANIMIDADE. ASÍ MESMO OS VECIÑOS E VECIÑAS DO NOSO CONCELLO VAN A PAGAR MENOS DE CONTRIBUCIÓN PARA O ANO 2017 GRAZAS Á EMENDA QUE SAIU APROBADA PRESENTADA POR FPF.
– Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para a implantación do C.I.M no noso Concello.
– Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a acondicionar o camiño vello en Marzán.
– Instar ó Ministerio de Fomento a sinalizar o comezo e final do noso Concello na N-642, ou no seu defecto que de permiso ó Concello de Foz para facelo.
Este pasado xoves 27, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de Outubro do Concello de Foz.
– No punto número 4 da orde do día, proposta da Alcaldía “aprobación dos pregos para contratar unha operación de crédito a longo prazo para financiar a obra de remodelaciónda Avda. Álvaro Cunqueiro” FPF votou a favor, xa que este crédito vai destinado a todo aquelo que FPF solicitou, que se incluíra no proxecto, como a renovación do saneamento, renovación da rede de auga actual, colocación da rede de augas pluviais que esta rúa non ten,así como tamén a construción de novos aparcadoiros.Entendemos que nunha obra que se vai gastar esta cantidade de diñeiro tan importante se debe facer todas estas melloras para que non haxa que volver a facer obra ningunha nesa rúa durante moitos anos.
Así mesmo lle volvemos a pedir ó Alcalde e o seu Equipo de Goberno que fagan unha exposición pública deste proxecto para que os veciños poidan velo e facer as súas aportacións. FPF temos no noso poder un informe do Secretario Municipal no que claramente manifesta que é necesario facer esa exposición pública.
– No punto número 6da orde do día, proposta da Alcaldía “convenio de colaboración entre o consorcio galego e o Concello de Foz para a xestión do fogar residencial e centro de día” o Grupo Municipal de FPF abstíñase estando de acordo coa cesión que se fai ó Concello pero mostramos a nosa desconformidade co proceder do Alcalde de Foz pola súa intención de dar a dedo a xestión a “Mensajeros de la Paz”, deixando claro que FPF pide que se saque a concurso público a xestión do novo xeriátrico, para que todas as empresas do sector teñan igualdade de oportunidades.
– No punto número 7 da Orde do día figuraba a proposta de FPF para Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para a implantación do C.I.M (Centro de Información á Muller) no noso Concello.Novamente traemos a pleno esta moción que xa fora aprobada no pleno do mes de Novembro. Tras solicitar distintos informes durante este tempo, inclusive ós servizos de Asuntos Sociais,os cales temos no noso poder, se nos informa neles que nestes momentos “o Concello de Foz non ten convenio firmado con ningún Concello”, decidimos volver a solicitar este servizo tan importante para as mulleres do noso Concello. Dende FPF cremos que temos que loitar polas nosas mulleres, para que teñan en Foz un centro cos profesionais axeitados para informarse de todo aquilo que precisen,ben sexan, casos de violencia de xénero,divorcios,tramitación de papeis, asesoría xurídica,dependencia,autoemprego,etc.Ademais de impartir cursos e charlas destinadas a este sector feminino, que lembremos que actualmente é aproximadamente o 60% da poboación do noso Concello. Despois de debater esta moción aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal.Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a facer as xestións necesarias para solicitar un Centro de Información á muller (CIM) para o noso Concello.
– No punto número 8 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó equipo de Goberno do Concellode Foz a acondicionar o camiño vello en Marzán. Para “Foz,Plataforma de Futuro” unha das nosas maiores preocupacións son as vías de comunicación do noso Concello.Sobre todo aqueles camiños das nosas parroquias que ós veciños delas lles gusta ter en bo estado para poder facer uso deles.Nos últimos tempos a través dos veciños e representantes da AA.VV de Marzán, puxéronse en contacto con nós, para informarnos dun camiño que está nunhas condicións intransitables,coñecido como “O Camiño Vello”, este camiño sae do lado da “casa de Cadrado” e vai cara estrada Xeral antes de chegar á gasolineira. Despois de debater esta moción aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal.Instar ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a acondicionar para que sexa transitable o “Camiño Vello” no barrio de Marzán.
– No punto número9 da orde do día figuraba a proposta de FPF para instar ó Ministerio de Fomento a sinalizar o comezo e o final do Concello de Foz. O Concello de Foz ten grandes carencias de sinalización, tanto nas estradas de titularidade municipal, como das da Deputación como das do Estado.Dende “Foz,Plataforma de Futuro”, podemos observar como noutros concellos da Mariña nos atopamos con sinales que nos dan a benvida ó Concello e nos despiden cando acabamos o seu termo, e sen embargo en Foz carecemos desta sinalización.É traballo de todos os membros da Corporación Municipal de Foz tratar de mellorar todas estas deficiencias e loitar por conseguilo. Despois de debater esta moción aprobouse por unanimidade da Corporación Municipal. Instar ó Ministerio de Fomento a sinalizar o comezo do noso Concello e a súa finalización na estrada da súa titularidade N-642,ou ben autorizar no seu caso ó Concello a poder facelo.
No punto número 14 da orde do día figuraba a proposta da Alcaldía,”para modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de bens inmobles,ou contribución”.Dende “Foz,Plataforma de Futuro”,acabamos de comprobar como o Concello a través da Deputación Provincial de Lugo ven de cobrar os recibos do IBI cunha subida do 12%con respecto ó ano pasado. Dende “Foz, Plataforma de Futuro” fixemos o imposible durante o ano pasado, non só para impedir que subise o recibo do IBI senón para que baixase dito imposto.Pero iso non foi posíbel por sendas alegacións postas por o PP e o BNG, e dita rebaixa non se puido levar a cabo para este ano.
No pleno deste mes Outubro o Sr. Alcalde propúxonos, ós grupos da Corporación Municipal, unha proposta similar á do ano pasado. Esta é que o tipo de gravame do IBI pase do 0.60 o 0.54% e unha bonificación do 3% sobre a cota íntegra do imposto para aqueles veciños e veciñas que teñan domiciliado ou domicilien os recibos de este imposto municipal. Tamén se plántea unha opción que FPF propuxo a modelo de moción no pasado mes de Setembro, como é que se poida pagar este recibo en dúas veces ó ano en Xuño e Outubro.
Despois de escoitar a proposta de alcaldía nunha reunión de portavoces do martes anterior ó plenopara negociar unha proposta beneficiosa para os veciños,FPF presentou a súa proposta para a negociación que sería o tipo de gravame 0,50 e a bonificación por domiciliación do 5%.Como a palabra o di, as negociacións son para negociar e ceder todas as partes ata chegar a un punto de encontro, entón fixemos unha nova proposta e a levamos tamén á asemblea de seguidores da nosa formación, proposta que despois de ser aprobada na Asemblea presentamos en tipo emenda á proposta do Equipo de Goberno no pleno do pasado xoves, esa emenda era:
– Que o tipo de gravame que se aplique sexa o 0.52% en lugar do 0.54%
– Que a bonificación por domiciliación sexa a máxima que permite a lei, ou sexa do 5% en lugar do 3%.
Finalmente esta emenda foi aprobada cos votos favorables de FPF,PP e PSOE o que significa que para o vindeiro ano 2017 o recibo do IBI vai baixar,os veciños e veciñas do noso Concello poden pagar cerca dun 10% menos de contribución no recibo do vindeiro ano si o teñen domiciliado e un 5% menos si non o teñen.
Cando se logra un obxectivo a base de negociación e traballo, hai moitos que se “suben o carro” de este éxito. Nunca é intención de “Foz,Plataforma de Futuro” poñerse medallas, senón que a nosa satisfacción é que os que saen beneficiados despois de moitos anos de subas inxustas son os nosos veciños e veciñas gracias a este importante acordo acadado no pasado pleno do mes de outubro.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



