RIBADEO (FNC) .- O vindeiro venres 27 de novembro abrirá as súas portas en Ribadeo, o novo Bar Restaurante Oviedo, na rúa Amando Pérez, 5. O local foi sometido a unha completa remodelación nos últimos meses para sorprender á clientela de Ribadeo, á do resto da comarca da Mariña e á do Occidente asturiano, ademais da os miles de turistas que ano tras ano visitan a vila ribadense.
O Bar Restaurante Oviedo é o resultado da unión de dous locais de renome en Barreiros e en Ribadeo, Casa do Merlo e O Tumbín. Un dos seus propietarios, Javier de Burgos, explica que a idea de afrontar esta nova aventura naceu “logo de 3 anos de traballo en casa do Merlo como casa de turismo rural e como restaurante aberto ao público, démonos conta de que na tempada baixa traballábase moito menos do rendemento que lle podiamos sacar ao establecemento. Entón xurdiu a posibilidade de adquirir este local que está situado nun lugar moi interesante e histórico en Ribadeo e pensamos que era o momento perfecto para poder compatibilizar os dous negocios: Casa do Merlo e o Bar Restaurante Oviedo”.
No Bar Restaurante Oviedo prestarase especial atención e coidado ás tapas ou aperitivos e aos viños. Miguel Anxo Martín asegura que “trataremos de ofrecer unha serie de aperitivos e tapas máis elaborados e unha maior variedade. Teremos aperitivos de culler, tostas, etc, etc. Poderase comer de racións no bar, ou á carta no comedor, onde se ofrecerá á clientela a posibilidade de degustar os pratos que tiveron unha maior acollida en casa do Merlo e outros de nova creación. Tamén contará cun interesante menú do día de luns a venres e ademais haberá menús especiais os fins de semana. O bar estará aberto todos os días e o comedor pechará só os domingos pola noite. A cociña do Bar Restaurante Oviedo ?será tradicional, é a baseada na cociña das nosas avoas, pero tamén faremos pratos un pouco máis modernos. Algo neste sentido xa fixemos en casa do Merlo e pretendemos traer aquí ao Oviedo algúns deses pratos, ademais doutros novos. A nosa será unha cociña de mercado, moi de tempada. Intentaremos cambiar a carta a miúdo para ir sorprendendo aos nosos clientes”.
Ternasco de Aragón
Un dos seus pratos estrela será o ternasco (cordeiro) que chegará a Ribadeo procedente de Aragón. Miguel Anxo di que “trátase dun produto novo na zona, que se cociña con salsa e con patacas. É un prato tradicional aragonés que esperamos que teña moi boa acollida entre os clientes do noso restaurante. Os amantes do cochinillo ou do lechazo poderán seguir degustándoo en casa do Merlo, por encargo ou nas xornadas castelás que se organizan todos os anos. Estes dous pratos asámolos ao estilo tradicional castelán en forno de leña, por iso é polo que sigamos preparándoos no outro negocio”.
Menú do día
O menú do día e os menús especiais de fin de semana serán moi saborosos. Javier e Miguel contan que “parte do persoal que forma parte do equipo do Oviedo son os antigos propietarios do que no seu día foi O Antoxo e despois O Tumbín, Julián e Guadalupe, que elaboraban un menú moi rico que tiña moito éxito entre a súa fiel clientela. Agora entre todos retocámolo un pouco para facelo aínda máis atractivo, e esperamos que moita xente veña a comprobalo”. Na cociña xa están planificando as xornadas que organizarán nos próximos meses “como as dos cogomelos, as xornadas do boi ou outras alternativas, traendo ata a cociñeiros doutros sitios? faremos menús gastronómicos ao longo de todo o ano, por exemplo o de Entroido que será un pouco máis tradicional ou o de San Valentín, onde faremos pratos máis modernos e innovadores”.
Banquetes familiares
O comedor do Bar Restaurante Oviedo ten capacidade para acoller a uns 100 comensais, co que se converte nunha boa alternativa para celebrar banquetes familiares como bautizos, comuñóns ou pequenas vodas. Ademais conta cun reservado para aquelas reunións de negocios que precisen dun pouco máis de intimidade. A decoración do remodelado Oviedo, segundo manifesta Javier de Burgos, “non é nin demasiado moderna, nin demasiado clásica. Diría que é unha decoración elegante e discreta. Aínda que o mellor é que vingan a velo e decidan se acertamos ou non”.
Trece persoas traballarán entre o Bar Restaurante Oviedo e Casa do Merlo durante a tempada de outono-inverno. Cifra que alcanzará os 20 empregados no verán.
Javier e Miguel esperan que “a clientela goce da nosa gastronomía, que gocen do local e que perciban todo o agarimo e toda a ilusión que puxemos neste proxecto conxunto os os equipos humanos do Tumbín e Casa do Merlo. Esperamos que no Bar Restaurante Oviedo a xente estea a gusto, coma ben e volva a miúdo”.




















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



