Lugo, 8 de novembro de 2016.- O Grupo Provincial Popular pídelle ao presidente da Deputación que non siga bloqueando a apertura das residencias comprometidas por Suplusa ao non facerlle entrega da documentación precisa para inscribir as modificacións aprobadas no Rexistro Mercantil, o paso previo para que poidan facerse efectivas.
En concreto, na reunión da Xunta Xeral Extraordinaria do 30 de setembro acordouse que no prazo de vinte días naturais se debería interesar a inscrición da modificación dos estatutos no Rexistro Mercantil delegándose esta xestión na voceira do PP, Elena Candia. Unha xestión que non pode facer posto que o presidente non lle fixo chegar a acta orixinal asinada, requisito sen o cal non pode acudir ao Rexistro Mercantil.
Trátase duns cambios propostos polo PP que xa foron ratificados na reunión Extraordinaria da Xunta Xeral da Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (Suplusa), previamente aprobados polo Consello de Administración o pasado 28 de xullo. “Para que o trámite poida completarse é preciso a súa inscrición no Rexistro Mercantil, un paso que non podemos dar por culpa do bloqueo do presidente”, explica Candia.
A voceira recorda que foi o seu partido quen conseguiu que os estatutos se adapten á Lei de Servizos Sociais para poder xestionar as residencias, o que suporá un desbloqueo desa situación para os concellos nos que a institución ten comprometidos centros de maiores.
Elena Candia lamenta “a axilidade do PSOE no ano 2015 para facer a selección do persoal nos centros de maiores en época electoral mentres agora seguen entorpecendo a prestación de servizos aos concellos da provincia”.
O PSOE, un partido sen norte
Os populares lamentan que os problemas internos nos que está somerxido o PSOE, tamén en Lugo, afecten ás administracións nas que goberna, o que provoca una parálise en actuacións tan importantes como a posta en marcha das residencias na provincia.
“Os cambios foron aprobados e agora non podemos avanzar de novo pola falta de traballa ou a incapacidade dun goberno en minoría que só aparece para falar das liortas internas do seu partido e está desaparecido cando se trata de darlles respostas aos cidadáns desta provincia”, censura a popular.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



