Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2016.- O alumnado de terceiro e cuarto de primaria do colexio Vista Alegre (Burela) participou este martes en “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” que ten por obxectivo difundir fórmulas nutricionais sas entre os escolares de Galicia.
Escola e familia
O almorzo incide tanto no desenvolvemento físico como no rendemento académico: é unha das premisas que reforza “Almorz@ con Beizos Brancos”, para que nin os estudantes nin as súas familias se salten esa comida, posto que aínda quedan escolares que acoden a clase co estómago baleiro.
Así, a nutricionista María Fernández explicou os valores nutricionais das froitas de tempada e dos produtos lácteos, recomendando evitar alimentos procesados industrialmente, con exceso de azucres que non achegan ningún beneficio á saúde.
Para ilustrar a charla educativa, repartíronse máis de 50 almorzos equilibrados compostos por pan con aceite, froita e leite adozada con cacao puro e mel. Por outra banda, os nenos e nenas aprenderon os procesos que pasa o leite desde que se extrae das vacas ata que chega aos seus vasos, mediante unha actividade lúdica.
Compromiso duradeiro
Tras o éxito de “Almorz@ con Beizos Brancos” no curso pasado, con 11 centros educativos (4 da provincia da Coruña, 4 de Pontevedra, 2 de Lugo e 2 de Ourense) e máis de 500 estudantes participando, AGACA e Obra Social “la Caixa” aumentaron este ano o número de actividades a 20.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



