Evelyn narra con detalle unha historia vagamente coñecida por algúns titulares de prensa: a chantaxe e explotación sexual á que se ven sometidas mulleres que chegan a Europa desde América Latina coa esperanza de atopar traballo.
A protagonista, unha moza de contexto humilde, viaxa a España desde o seu lugar natal de Perú, en Latinoamérica. A súa mai empeña o pouco que ten para pagarlle a pasaxe coa oferta de que traballará na hostalaría, pero é enganada e secuestrada para ser explotada sexualmente nun clube de estrada. Esta é a historia dunha manipulación, para convertela nunha escrava sexual.
A directora, Isabel de Ocampo, ten as cousas moi claras na sua cabeza e esa claridade foi quizá un dos motivos que a levaron a realizar un filme, Evelyn, que foi nominado aos premios Goya 2013, na categoría de directora novel, un recoñecimento que xa obtivo no 2008 con Miente, cando recibiu o Goya a mellor curta de ficción.
Evelyn resulta un filme imprescindible de ver se se quere coñecer cómo funciona eo entramado da trata con fins de explotación sexual na Península. A historia poderia axustarse, con matices, á dramática realidade que viven millons de mulleres que son atrapadas por mafias e proxenetas en moitos países do planeta. A veracidade da sua factura, os seus personaxes e unha historia ben narrada cinematográficamente fainos reflexionar sobre unha das formas de esclavitude da era actual.
Ocampo explica a súa implicación no tema e o seu esforzo por mostrar a realidade a través dun filme: “falase na obra do proceso mental polo cal unha muller é convertida nunha zombi, nun anaco de carne desposuído de auto-estima coa personalidade fragmentada e dividida.
“Evelyn resulta un filme imprescindible de ver se se quere coñecer cómo funciona o entramado da trata con fins de explotación sexual na Península”. O filme constitúe a segunda proxección do VIII Vídeo-Fórum Mulleres no Mundo que terá lugar o xoves 10 de novembro a partir das 19.00 horas no salón de actos da UNED de Foz.
Após o visualización do filme haberá debate sobre o contido da obra e ofrecerá-se bebida quente e petisco.
FICHA TÉCNICA
Título Evelyn
Directora Isabel de Ocampo
Guionista Isabel de Ocampo e Juan Manuel Romero
Música Antonio Escobar
Fotografía José David Montero
Montaxe Mapa Pastor.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



