Viveiro, 8 de novembro de 2016.- O BNG de Viveiro cre que a Exposición “Saúde e Terra, Irmáns”, que acolle desde o venres pasado a sala de Exposicións do pazo de San Marcos de Lugo, pode ser para as veciñas e veciños de Viveiro (adult@s e nen@s) unha oportunidade inmellorable para coñecer o legado dos homes e mulleres das Irmandades da Fala, e cuxos promotores e activistas principais foron os irmáns viveirenses Vilar Ponte. Un movemento concebido por Antón e Ramón coa arela de estender o uso do galego a todos os contextos orais e escritos que se espallou rapidamente por Galiza, promovendo ademais un novo rexurdimento cultural e tamén unha nova etapa do galeguismo político.
@s nacionalistas de Viveiro animan á concelleira de cultura, Lara Fernández, a traballar a prol da cultura galega e d@s viveirenses facilitándolles a oportunidade de coñecer, a través desta mostra de 130 pezas que conmemora os 100 anos da fundación das Irmandades da Fala, a orixe dunha etapa fundamental da nosa terra, que axudou á normalización da nosa lingua, ao rexurdimento literario, ao compromiso coa cultura e a identidade galega e que apostou desde os seus comezos pola “igualdade absoluta, política e civil da muller e do home”. O BNG de Viveiro convida ao concello e á sra. Fernández a organizar visitas guiadas á exposición “Saúde e Terra, Irmá(n)s, posto que ademais e facéndose eco das palabras pronunciadas pola propia concelleira durante o acto conmemorativo do centenario das Irmandades da Fala organizado pola RAG e o Concello de Viveiro “actos como estes son precisos para que figuras como as dos irmáns Vilar Ponte non caian no esquecemento entre as novas xeracións”.

















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



