A Mariña, 10 de novembro de 2016. O presidente da Mancomunidade, Alfredo Llano, fai unha valoración moi positiva dos cursos de formación para hostalaría e restauración que deron comezo estes días no IES de Foz, organizados pola propia Mancomunidade, este centro de ensino e pola Federación de Comercio A Mariña. Llano subliña que se cubriron todas as prazas e que hai lista de espera, de aí que se amose moi satisfeito.
O presidente da Mancomunidade declarou que “feita unha primeira análise da iniciativa que tivo a Mancomunidade, xunto con Educación e a Federación de Comerciantes da Mariña, hai que dicir que estamos moi contentos da acollida extraordinaria que tivo o deseño de cartas de hostalería e ao mesmo tempo a súa tradución ao inglés e ao francés, así como tamén estarán en galego e castelán”.
Alfredo Llano explicou que “comezouse xa o día 8 co deseño de cartas de hostalaría. Vai haber este curso tamén os días 15 e 22 deste mes e está impartido pola profesora do IES de Foz Leticia Maseda. Hai que dicir que o día 8 estaba completo. Hai 20 plazas que non soamente se ocuparon senón que hai lista de espera, o cal quere dicir que ao mellor cando remate esta primeira edición hai que facer unha segunda”. E engadiu en canto á tradución de cartas ao inglés e ao francés que “onte, día 9, tamén foi a primeira clase. Son grupos de cinco persoas no IES de Foz e tamén ten lista de espera. No grupo que dei comezo onte están a participar 6 persoas. Continuará os días 16 e 23 deste mes e está desenvolvido polo profesorado de idiomas do IES de Foz”.
O presidente da Mancomunidade asegura que “tanto o deseño de cartas como a tradución das mesmas non soamente responden á expectativa que nosoutros tíñamos, senón que ademais creo que se está sobrepasando, o cal quere dicir que os profesionais da restauración e da hostalaría están tendo moito interese e eu penso que neste plan debemos estar todos”.
Alfredo Llano lembrou que “hai oferta dun curso de formación e elaboración de tapas de tempada e de produtos do mar, imos facer un seminario o día 29 deste mes de novembro que será impartido por Quique Piñeiro e Eloi Cancela, que son da Horta do Obradoiro, de Santiago”.
O presidente da Mancomunidade dixo que “tamén como vemos que hai moita demanda da técnica do corte de xamón e aquí en Galicia temos unha raza autóctona como é o porco celta, vaise facer o día 24 deste mes un curso de corte de xamón. Vai estar asistido por un veterinario e un cortador de xamón, e estará coordinado pola Asociación de Porco Celta. E para completar esta primeira fase temos un curso de cultura arredor da cervexa, que é de Estrella de Galicia, e que vai ser impartido polo departamento de formación e polo responsable de Cultura da Cervexa que é Fernando Iglesias, e vaise dar o 17 de novembro”.
Alfredo Llano asegurou que “todos estes cursos teñen unha gran demanda e hai xente que está esperando, o cal quere dicir que dado este interese e que se están cumprindo os obxectivos tanto da Consellería de Educación, a través do IES de Foz, como da Federación de Comerciantes da Mariña e a Mancomunidade, vemos que imos seguir avanzando con este ou con outros temas o ano que ven. Estamos moi contentos, pensamos que foi unha boa iniciativa, que está tendo boa acollida e se acaba ben pensamos que vai ter unha boa achega á intención que tíñamos de que a xente que nos visite se vaia con ganas de volver visitarnos”.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



