Varios membros da Agrupación Socialista de Ribadeo reuníronse este xoves con Josep Borrell aproveitando a súa estancia na localidade con motivo da súa participación como relator nos foros de debate do grupo Voar e Sargadelos.
O recoñecido político atopouse cos seus compañeiros e compañeiras na cafetería do Parador de Ribadeo onde mantiveron un cálido encontro de algo máis dunha hora.
Durante este tempo, puideron falar da situación orgánica do partido e tamén da situación política e económica do país e da Comunidade Autónoma galega.
Borrell animou aos compañeiros e compañeiras da agrupación para seguir traballando por e para os e as ribadenses e mostroulles todo o seu apoio e colaboración ofrecéndose moi amablemente a vir a Ribadeo na próxima campaña municipal.
Para a Comisión Executiva da Agrupación Socialista de Ribadeo, Josep Borrell é un dos máximos referentes dentro do partido, e manifestáronse satisfeitos por contar co seu visto e prace na xestión da agrupación e da política municipal.
Cristina Losas.
Secretaria de Organización PSdeG-PSOE Ribadeo.